Galicia Informativos

Galicia Informativos

By Radio NacionalNews
Download on the App Store

Galicia Informativos episodes

  • Crónica de Galicia - 11/10/22
    O regulamento de áreas mariñas vulnerables non se revisará ata a primavera Os eurodeputados galegos critican a incoherencia da comisión de pesca, que se acolle ós estudos científicos pero inclúe artes coma o palangre, que o ICES deixaba fóra O Tribunal Supremo anula definitivamente o gran parque eólico en Ancares-Courel. A Plataforma Salvemos O Oribio reclama a restauración integral dos terreos nos que se empezara a construír o parque eólico. O Alto Tribunal anula os permisos da Xunta a unha infraestrutura en terreos da Rede Natura Os traballadores do comercio da provincia de Pontevedra teñen un novo convenio 12 mil traballadores beneficiaranse dun relevante aumento salarial, e beneficios coma as excedencias por coidado de fillos, e a limitación dos contratos a tempo parcial O hospital da Coruña realiza un avance pioneiro en España, no Hospital da Coruña. Realizaron un transplante de corazón a un menor cunha técnica pouco invasiva, que facilita o tempo de espera ata que o paciente recibe o órgano compatible. No tempo, volveron as altas presións, que deixan tempo seco e solleiro.
    45 min
  • Crónica de Galicia - 10/10/22
    O veto á pesca de fondo en 41 zonas do atlántico farase notar dende hoxe de forma máis clara, coa incorporación ás pesquerías dos barcos que van e veñen no día. Polo de agora non houbo incidencias pero sí se nota unha maior concentración de buques en determinadas áreas. E nalgns casos, os barcos están amarrados ou sen larga-los aparellos pola incerteza. Unha polémica que tamén ten reflexo no debate político, e no parlamento europeo, onde eta tarde comparece o comisario do ramo - Arrinca oficialmente a campaña de vacinación contra a gripe, coa incorporación dos menores de 5 anos ós grupos de risco Os especialistas agardan que teña unha maior incidencia tras dous anos case ausente, e chaman ós cidadáns a vacinarse pra reduci-la súa circulación. - Día da saúde mental. Coa denuncia sobre a mesa de que faltan medios pra atender estas doenzas O Movemento Galego de Saúde Mental cifra en dez mil as persoas en listaxe de agarda pra unha primeira consulta. E a Fundación Salma alerta de que máis da metade dos trastornos aparecen antes dos 14 anos. - Unións Agrarias denuncia que a cadea de supermercados Alcampo está a vender unha das súas marcas de leite por debaixo dos custos de produción Está a 73 céntimos, algo que xa denunciaron ante a Axencia de Información e Control Alimentarios. Piden que se faga cumpri-la lei de cadea alimentaria. - Séptimo día de folga no sector do metal na provincia de Ourense, con denuncias da patronal de incidentes cos piquetes Acúsanos de agredir a dous gardas de seguridade durante unha concentración. Varios sindicatos de seguridade xa denunciaron as agresións
    45 min
  • Informativo Galicia 7:45 - 11/10/22
    A comisión de pesca europea deixa sen esperanzas a curto prazo á frota galega. Non haberá cambios inmediatos no regulamento que veta a pesca de fondo nas áreas protexidas do Atlántico. A situación actual quedará como está, polo menos, ata marzo ou abril do vindeiro ano. Na frota galego, hai barcos amarrados á espera de atopar caladoiros nos que non cadren con moitos buques doutras artes. A campaña do Nadal, a mellor do ano, periga. Novidades tamén na campaña de vacinación da covid. A finais da semana comezará a repesca da cuarta dose, abrirase así a opción de que os maiores poñan a cuarta dose nos centros máis próximas ás súas vivendas. E en axenda esta mañá seguen as reunións do presidente da Xunta cos alcaldes das principais cidades. Quenda ás dez e media para o ourensán Gonzalo Pérez Jácome.
    15 min
  • Informativo Galicia 19:50 - 10/10/22
    Concentración de buques nalgúns dos 41 caladoiros nos que ainda poden faenar as flotas comunitarias, pero tamén barcos amarrados nos portos. Son as imaxes que deixa a entrada en vigor do veto a pesca de Bruxelas. Un veto que a Comisión European rafirma, non se volverá a estudar ata que non se publiquen os novos informes científicos, o vindeiro 15 de decembro.
    10 min
  • Crónica de Galicia - 10/10/22
    Arrinca oficialmente a campaña de vacinación contra a gripe, coa incorporación dos menores de 5 anos ós grupos de risco Os especialistas agardan que teña unha maior incidencia tras dous anos case ausente, e chaman ós cidadáns a vacinarse pra reduci-la súa circulación. Día da saúde mental. Coa denuncia sobre a mesa de que faltan medios pra atender estas doenzas O Movemento Galego de Saúde Mental cifra en dez mil as persoas en listaxe de agarda pra unha primeira consulta. E a Fundación Salma alerta de que máis da metade dos trastornos aparecen antes dos 14 anos. Unións Agrarias denuncia que a cadea de supermercados Alcampo está a vender unha das súas marcas de leite por debaixo dos custos de produción Está a 73 céntimos, algo que xa denunciaron ante a Axencia de Información e Control Alimentarios. Piden que se faga cumpri-la lei de cadea alimentaria. Séptimo día de folga no sector do metal na provincia de Ourense, con denuncias da patronal de incidentes cos piquetes Acúsanos de agredir a dous gardas de seguridade durante unha concentración. Varios sindicatos de seguridade xa denunciaron as agresións No tempo, xornada inestable con chuvias intermitentes.
    45 min

About Galicia Informativos

From the publisher's feed

La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.