Galicia Informativos

Galicia Informativos

By Radio NacionalNews
Download on the App Store

Galicia Informativos episodes

  • Informativo Galicia 19:50 - 14/10/22
    Os orzamentos da Xunta de Galicia chegarán ó parlamento galego o vindeiro xoves. Polo de agora o conselleiro de Facenda, Miguel Corgo adiantou esta mañá que a inversión da Xunta rondará os 2.700 millóns de euros Uns presupostos fronte aos que os sindicatos reclaman un reforzo do gasto social e nos servizos públicos, tendo en conta ademáis a inflación interanual que hoxe o INE cifrou no 9,2 por cento en Galicia, tres décimas máis que a medida de España.
    10 min
  • Crónica de Galicia - 14/10/22
    A secretaria de Estado de Transportes agarda que na primavera estean operativos os trens Avril. En Vigo, Isabel Pardo de Vera, tamén anunciou que o vindeiro ano haberá un novo desvío que mellorará o tráfico na A-6 en Pedrafita. Galicia non estaba preparada para facer fronte a tempada alta de incendios deste pasado verán, segundo os bombeiros forestais. Non se fixeran as tarefas de prevención e os equipos de extinción non tiñan os medios nin a formación adecuada para estes grandes incendios. En Ferrol, as empresas auxiliares do naval pasaron de non ter traballo a non dar atendido a carga de traballo de Navantia. O comité de empresa pública denuncia o abuso das horas extra. Considera que se pon en perigo a saúde dos traballadores. Vilagarcía acolle esta tarde unha manifestación convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública Denuncia A situación dramática da atención primaria na comarca con falta de médicos, peches de PACs, ou listas de agarda que superan os 15 días. O tempo. Nubes e algún orballo na vertente atlántica... moi aberto no leste.
    45 min
  • Informativo Galicia 7:45 - 14/10/22
    Toda a culpa foi do do maquinista. É o resume da declaración no xuizo polo descarrilamento do Alvia do exdirector de seguridade de Adif. Andres Cortabitarte dixo que a curva da Grandeira non presentaba máis riscos que outras e que a sinalización era adecuada. Pero só contestou ás preguntas do fiscal e do seu avogado.
    Outro asunto xudicial, a fiscalía abre dilixencias tras unha denuncia pola xestión da Xunta en materia de incendios.
    A noite deixanos un accidente mortal na estrada de Sigüeiro a Lavacolla. Un home perdeu a vida ó sairse co seu vehículo da estrada. Ocorriu onte á noite.
    O tempo. Hoxe estará máis cuberto pola mañá, con orballadas máis probables ó oeste
    Vexamos como está a situación nas principais cidades.
    15 min
  • Informativo Galicia 19:50 - 13/10/22
    Andrés Crotabitarte defende a súa inocencia no descarrilamento do Tren Alvia fai 9 anos en Agrois. O daquela diretor de seguridade de ADIF relegou toda a responsabilidade no maquinista. E a Xunta vai ser investigada pola xestión dos lumes que este verán arrasaron importantes ecosistemas naturas en Galicia, como o Courel ou o Parque do Invernadeiro.
    10 min

About Galicia Informativos

From the publisher's feed

La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.