Galicia Informativos

Galicia Informativos

By Radio NacionalNews
Download on the App Store

Galicia Informativos episodes

  • Crónica de Galicia - 18/10/22
    As contas galegas do vindeiro ano inician hoxe a súa andadura cara a aprobación. O xoves chegarán ó parlamento, con cifras récord. Haberá mil millóns de euros máis, que segundo o presidente da Xunta aumentarán o gasto social, e o investimento. E que teñen entre as súas prioridades a loita contra a inflación, segundo Alfonso Rueda.
    45 min
  • Informativo A Coruña 8:45 - 18/10/22
    Nove millóns de euros para a estación intermodal da Coruña; aprobación antes de que acabe o ano da ampliación de Alfonso Molina e no comezo de 2023 licitación do proxecto da cuarta rolda. Son os principais compromisos da ministra de Transportes coa alcaldesa Inés Rey, que aproveitou para criticar o reparto que realizou a Xunta dos fondos europeos. Propietarios de pisos turísticos de Compostela entregan nuns minutos máis de 5 mil sinaturas pra legalizar as vivendas. O tribunal de xustiza paraliza cautelarmente o parque eólico de Greenalia en Coristanco e Carballo. Retómase a busca dunha veciña de Santiago con alzheimer que desapareceu no barrio de Conxo. A Coruña será a sede do WOMEX 2023, evento de referencia internacional no panorama musical.
    16 min
  • Informativo Galicia 7:45 - 18/10/22
    A pouco máis de dous meses para que remate o ano o sector pesqueiro recibe a notician duha importante apliación da cota de pescada que se caputra en augas ibéricas. Estiveron estirando as pouco máis de 4 mil toneladas que podían pescar e agora atópanse con case outro tanto.
    A Xunta aproba hoxe o proxecto de orzamentos xa co presidente Alfonso Rueda de volta de sudamérica. A rede galega contra a pobreza pide que recupere a tarxeta básica que consideran foi clave pra o lixeirodescenso dos niveis de pobreza en Galicia. O tempo. Conforme avance o día irase achegando unha nova fronte asociada á borrasca localizada preto dos Azores.
    Traerá chuvias intensas e vento.
     
    15 min
  • Informativo Galicia 19:50 - 17/10/22
    Unha boa nova pro sector pesqueiro galego. Este luns Bruselas decretou o aumento da cota de pescada pro que queda de ano. Os pesqueiros poderán recollerm ata o 31 de decembro, o dobre de pescada do que tiñan permitido até o de agora. Un aumento que permitirá pasar das 4900 toneladas existentes ata as 9.200. A medida permitirá revertir os recortes que sufriu o sector nos últimos oitos anos.
    10 min

About Galicia Informativos

From the publisher's feed

La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.