Galicia Informativos

Galicia Informativos

By Radio NacionalNews
Download on the App Store

Galicia Informativos episodes

  • Informativo Galicia 7:45 - 21/10/22
    O sector pesqueiro saiu decepcionado da reunión que mantivo co comisario europeo de pesca. Nin se retira a orde que veta a pesca de fondo en case un cento de áreas mariñas nin hai suspensión cautelar.
    Cando abra o día retomaranse os labores de busca do piloto dunha avioneta contraincencios que permanece desaparecido desde o mércores cando partido de Galicia. A neboa dificultou
    onte os traballos.
    Porque seguen os efectos da borrasca....Este xoves o 112 rexistrou un cento de incidencias relacionadas coa caída de árbores, pólas e outros obstáculos. A caída duns postes sobre a vía obrigou a parar e retroceder a un tren de pasaxeiros que saira de Ferrol con destino a Madrid. Tivo que retroceder ata a estación máis proximas a do Burgo, en Culleredo. Non houbo que lametar danos personais.
    15 min
  • Informativo Galicia 19:50 - 20/10/22
    Infructuosa foi a busca de hoxe en Galicia da avioneta desaparecida dende onte. As choivas, a néboa e os fortes ventos complicaron as labores que se preve que se retomen mañá. O operativo implica a tres provincias; Zamora, León e Ourense. E poucos avances na reunión do sector pesqueiro en Bruselas para tratar a veda da pesca de fondo en 87 areas protexidas. A comisión europea de pesca manterá o peche e non o suspenderá cautelarmente
    11 min
  • Crónica de Galicia - 20/10/22
    Amplio despregue de medios desde GAlicia e Castela e León pra tratar de localizar unha avioneta á que se lle perdeu o rastro cando viaxaba dende Lugo cara Andalucía. Fora parte do dispositivo de incendios da Xunta, epro non estaba operativa. O mal tempo está a complica-la busca. De feito suspendeuse na zona ourensá... Os esforzos centranse nun triángulo entre Lugo-Ourense e Zamora, os lugares onde se perdeu aconexión coa avioneta e onde se localizou o último sinal do móbil do piloto, o único ocupante do aparello - O mesmo día no que a Xunta entregou no Parlamento o proxecto de orzamentos, a CIG mobilizouse en Santiago. - Denuncia que non recollen ningún complemento salarial en Galicia para compensar o diferencial no IPC e a perda de poder adquisitivos nos últimos anos. - Foi a comisaria de igualdade e non do de pesca o encargado de defender no Parlamento europeo o veto a pesca de fondo nun cento de áreas mariñas do atlántico. Dixo que agardou varios anos, sen éxito, polos informes científicos e socioeconómicos de España. - Comeza a desbloquearse a acumulación de coches nos depósitos de Stellantis en Vigo e o Porriño. Hoxe xa carga o primeiro buque. A dirección agardan que nas vindeiras xornadas se normalice a situación. - A Fundación Barrié da Coruña acolle en primicia para Europa "Buda e Shiva, Loto e Dragón". Unha mostra de 68 pezas de arte asiática datadas entre o século VI antes de Cristo e o XIX. Poden visitarse dende hoxe ata o 22 de xaneiro
    45 min
  • Informativo Galicia 7:45 - 20/10/22
    O proxecto de orzamentos de Galicia inician hoxe o su trámite parlamentario. O presidente da Xunta, ante as críticas da oposición, púxoos como exemplo, do interés por resolver a crise na atención primaria.
    Co inicio do día reanudarase a busca dunha avioneta contraincendios á que onte se lle perdeu a pista cando se dirixía desde a base de Sober a Córdoba. Deportes. Terceira derrota consecutiva do Celta..caeu en Valladolid por 4-1.
    O tempo.
    Agárdanos outra xornada con chuvias puntualmente moi intensas e acompañadas de aparato eléctrico. Refachos de vento localmente superiores aos 70-80 km/h. O aviso amarelo abarca toda Galicia
     
    15 min

About Galicia Informativos

From the publisher's feed

La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.