Galicia Informativos

Galicia Informativos

By Radio NacionalNews
Download on the App Store

Galicia Informativos episodes

  • Informativo Galicia 19:50 - 19/10/22
    A situación da sanidade pública volveu centrar hoxe a sesión de control no Parlamento. O presidente da Xunta anunciou que a partida destinada á atención primaria incrementarase en máis dun 10 por cento o ano que vén. Mentres a oposición pide máis orzamentos pra mellora-la politica sanitaria. A xunta decreta a eliminación de máis de 50.000 visóns dunha granxa da Coruña tralo positivo en gripe aviar en dous dos mamíferos
    10 min
  • Crónica de Galicia - 19/10/22
    A sanidade volveu centra-la sesión de control ó goberno na que o presidente da Xunta reivindicou os avances e investimentos na atención primaria, con 137 millóns de euros máis, ou a saúde mental, coa contratación de 61 especialistas. Socialistas e nacionalistas criticaron a falta de aposta real do goberno galego nestes eidos, nos que os problemas seguen xurdindo. En Monforte, por exemplo, un centro de saúde que atende a 18 mil habitantes ten só dous médicos de dez na quenda de mañá - Novas complicacións para a fabrica de Stellantis en Vigo. Agora o bloqueo en moitos portos europeos impide a saída de coches que se amorean no porto e no Porriño. A capacidade de almacenamento está case ó límite. - "Sen luz non hai pan" Moitos panadeiros galegos súmanse a mobilización convocada pola patronl do sector para o día 28. Unha acción para amosar as dificultades que teñen ante a escalada dos prezos. - A fotógrafa Inma Purriños retratou unha doente de cancro de mama durante as diferentes fases da enfermidade. Unha colección que mostra a pegada que deixa no corpo das mulleres. Pode verse co gallo do Día mundial da loita contra o cancro no hospital de Lugo. - Agora é a gripe aviar a que pon en cuestión a vibilidade das granxas de visóns. Detectouse un gromo nunha nave de Carral. As asociacións animalistas reclaman o peche destes centros
    45 min
  • Informativo Galicia 7:45 - 19/10/22
    Galicia terá o vindeiro ano un orzmento récord. Segundo destaca a Xunta, serán os de maior gasto social, o 70 por cento do total.
    Mañá inician o seu trámite parlamentario aínda que é probable que hoxe na sesión de control xa sexan obxecto de debate porque a oposición cre que non servirán para, por exemplo, solucionar os problemas na sanidade.
    E a gripe aviar da o salto a unha granxa de visóns...van ter que ser sacrificados tódo-los animais dunha nave de carral Deportes: O Celta disputa hoxe en Valladolid a décima xornada de Liga.
    Unha octoxenaria foi atopada morta a pasada martes tras declararse un incendio na cociña da súa vivenda. Ocorriu no concello de Santa Comba. O tempo: Vimos dunha noite de chuvia e vento, sobre todo na provincia de Pontevedra e sur e oeste da coruña... a fronte vai ir estendéndose á provincia de Ourense.
    Vexamos cal é agora a situación nas principais cidades e se houbo algunha incidencia durante a noite.
    15 min
  • Informativo Galicia 19:50 - 18/10/22
    Os orzamentos de 2023 alcanzarán en Galicia unha cifra récord. 12.600 millóns de euros que supoñen un crecemento do 8,5 por cento. Preto de 9.400 millóns corresponden a gasto social. Unha cifra que a oposición ve insuficiente para o que Galicia necesita en materia de sanidade, educación ou servizos públicos.
    10 min

About Galicia Informativos

From the publisher's feed

La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.