Galicia Informativos

Galicia Informativos

By Radio NacionalNews
Download on the App Store

Galicia Informativos episodes

  • Crónica de Galicia - 13/10/22
    A Fiscalía pide a Medio Rural información dos operativos de extinción dos grandes incendios que se produciron en Galicia no mes de xullo. Abre dilixencias a raiz dunha denuncia da plataforma 'Por un Monte galego con Futuro', que acusa á Xunta de ser responsable, por inacción, do alcance do desastre ambiental. O Consello da Xunta vén de aprobar o proxecto de lei de medidas urxentes pra reducir a temporalidade na Administrción. Hoxe presidiu a reunión semanal do executivo o titular de Economía, Francisco Conde, xa que Alfonso Rueda está de viaxe en Arxentina e Uruguai. O PSdeG pon deberes á Xunta á hora de repartir os fondos que vai recibir do fondo de financiamento autonómico. O secretario xeral socialistas cre que eses cartos debe servir para facer fronte a crise na atención privada e revalorizar as pensións non contributivas. A economía galega alónxase do nivel de crecemento da media. Segundo a análise que fai o foro económico, o crecemento de Galicia está dous puntos por debaixo da media. O tempo. hoxe cuberto no norte e máis aberto no sur. A próxima noite poden regresar as chuvias desde o Oeste.
    45 min
  • Informativo Galicia 7:45 - 13/10/22
    Nova cita na cidade da cultura co xuizo do Alvia. Ás nove e media prestará declaración o segundo dos acusados, o que era director de seguridade de Adif, Andrés Cortabitarte, cando se puxo en servizo a liña de alta velocidade Ourense-Santiago. Deberá explicar as razóns polas que se descontectou o sistema de freado automático.
    E hoxe acordámonos do naufraixo do Villa de Pitanxo... oito meses despois do afundimento do barco en terranova, un dos tres superviventes, Samuel Kwesi xa ten a nacionalidade española. Deportes. O Lugo perdeu na casa coas Palmas e cae a postos de descenso. Hoxe Galicia manterase baixo a influencia das altas presións, aínda que os ventos irán tomando compoñente oeste co avance do día.
    Vexamos como está a situación nas principais cidades.
     
    15 min
  • Crónica de Galicia - 12/10/22
    xornada festiva na que o presidente do goberno galego está en Madrid, participa arestora na recepción dos reis tralos actos institucionais do Día Nacional. Logo iniciará unha viaxe por Arxentina e Uruguai Mentres en Galicia enquístase o conflicto do siderometal na provincia de Ourense. Seguen sen achegar posturas a patronal e os sindicatos. E o sector pesqueiro segue sufrindo as consecuencias dun veto á pesca de fondo que os especialistas consultados por RTVE ven como unha seria ameaza pra nosa economía. O sector representa o 5% do PIB galego... - A central das Pontes reforzase con persoal e carbón pra retoma-la actividade Avanzan os traballos de reparación dos dous grupos que deben estar operativos, e agárdase a chegada dun barco con mineral pra reactiva-la central en canto sexa preciso. - Os hoteis de Vigo xa estan completos pra fin de semana de acendido do alumeado de nadal Moitos non teñen vacantes en sábado ou domingo ata que rematen as festas. O sector agarda un importante retorno económico - Denuncian retrasos de meses pra realizar TACs no hospital da Coruña Un problema que dificulta o seguemento e as decisións sobre o tratamento dos doentes oncolóxicos. A comisión de centro pide ós afectados que reclamen. - A seca provoca unha caída na produción de mazás na comarca da Estrada Inflúe tamén o ciclo natural da froita. Agárdase recoller a metade que o ano pasado, uns cincocentos mil quilos de mazá ecolóxica
    31 min
  • Informativo Galicia 7:45 - 12/10/22
    Galicia se suma ós actos da festa nacional. Alfonso Rueda está en Madrid para asistir ás once ó desfile militar e despois á recepción real. Todo nunha xornada con novas no laboral. Continúa a folga do metal na provincia de Ourense. Na reunión da pasada tarde, que rematou de madrugada, non houbo acordo. Nove días xa de folga. Mellores noticias para os 12 mil traballadores do comercio en Pontevedra, que teñen xa novo convenio colectivo. E unha operación levada desde Lugo permitiu desarticular unha banda dedicada á roubar en residencias de maiores de toda España. No fútbol, o Deportivo ten xa novo adestrador, Óscar Cano, trala destitución de Borja Jiménez
    15 min
  • Informativo Galicia 19:50 - 11/10/22
    Dende esta tarde as centrais sindicais e a patronal do siderometal en Ourense están reunidos pra negocias unha soluición pro novo convenio dos traballadores. que xa levan mási de sete días de folga indefinida. Unha xornada de reunións en Ourense onde tamén compartiron velada o presidente da Xunta Alfonso Rueda e o rexedors Ourensán Gonzálo Pérez Jácome, pra falar de termalismo, turismo e futuras inversións para a cidade.
    10 min

About Galicia Informativos

From the publisher's feed

La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.