Galicia Informativos

Galicia Informativos

By Radio NacionalNews
Download on the App Store

Galicia Informativos episodes

  • Crónica de Galicia - 17/07/22
    Os servizos de extinción continúan traballando nunha ducia de incendios en Galicia. Pero a situación vai mellorando pouco a pouco. A alerta 2 mantense por precaución en tres lumes de Folgoso do Courel e A Pobra do Brollón. Ata alí desprazouse este mediodía o conselleiro de Medio Rural. José González asegurou que a maioría dos focos están xa perimetrados, paso previo á súa estabilización. Das estradas, accidente mortal en Vigo. Un home faleceu esta mañá ó saír da vía cando circulaba pola avenida do Aeroporto.
    30 min
  • Crónica de Galicia - 16/07/22
    Nove incendios activos aínda a esta hora en Galicia. Máis de 3.600 hectáreas queimadas. O peor segue a localizarse nestes momentos na provincia de Lugo. Preocupan, sobre todo os incendios de Folgoso do Courel e A Pobra do Brollón, con focos moi próximos a núcleos habitados. As lapas avanzan tamén en Quiroga e Carballeda de Valdeorras.
    A alerta por calor rebaixouse nas provincias da Coruña e Pontevedra, pero é laranxa nas de Lugo e Ourense. Polo demais, hoxe estamos en Marín, onde o Rei asistiu ó acto de entrega de despachos ós novos oficiais da Armada.
    31 min
  • Crónica de Galicia - 15/07/22
    Os raios provocaron unha decena de incendios en Galicia A UME reforza o dispositovo do que preocupa máis, o de en Folgoso do Courel, con focos que ameazan vivendas. En Baiona foron desaloxdas 10 casas, e en Carballeda de Valdeorras arderon xa 350 hectáreas Malestar de usuarios e grupos políticos pola exclusión da conexion de Ourense do plan de gratuidade dos trens É unha das conexións máis caras da comunidade pero o ministerio non a inclúe entre as beneficiarias. O BNG lamenta que a resposta da Xunta pola crise de prezos sexa financiar a compra de bicis eléctricas. Ana Pontón pide medidas que axuden ás clases máis baixas como o aumento das pensión non contributivas, a tarxeta básica ou o incremento da Risga. Desconvocada a folga na recollida de lixo en Vigo pero segue en pé a de Santiago. Os traballadores manifetáronse esta mañá e está prevista unha nova reunión entre as partes. Se non hai acordo, a folga empezará o luns, ás portas das festas do apóstolo. O tempo. Calor e pola tarde poden repetirse as tormentas.
    26 min

About Galicia Informativos

From the publisher's feed

La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.