Galicia Informativos

Galicia Informativos

By Radio NacionalNews
Download on the App Store

Galicia Informativos episodes

  • Informativo Galicia 7:45 - 15/07/22
    Ourense volveu a bater este xoves o récord histórico de temperatura alta con 44 graos e as mínimas están por riba dos 20 e incluso dos 30 graos en moitos puntos de Galicia.
    Pero nas últimas horas, esta longa onda de calor veu acompañada de tormentas: raios, que aínda continuan esta mañá e vento... chuvia pouca.. Tormentas que chegaron por sorpresa.....e que é probable que estean detrás dalgún dos incendios que se rexistran arestora: seis en total, nun no Courel hai perigo para as casas e Medio Rural pediu a axuda da Unidade militar de emerxencias.
    Como sinalabamos o calor continúa tamén a estas horas... con temperaturas máis propias do mediodía. Como exemplo as que se rexistran nas grandes cidades.
    15 min
  • Crónica de Galicia - 14/07/22
    Toda Galicia, agás a Mariña, está hoxe en algún nivel de alerta pola calor. A esta hora supéranse os 37 graos en varios puntos, e os termómetro seguirán subindo ata superar os 40ª en distintas zonas de Galicia. A falta de adaptación a estas temperaturas extremas provoca problemas nos centros de traballo. A extinción dos lumes faise máis complicada, van 150 hectáreas arrasadas no ribeiro ourensán, e comezan as restricións de auga. Seguimos en prealerta por seca, pero o mal uso das traídas baleira depósitos e xa hai concellos coa auga cortada ou con restricións.
     
    26 min
  • Informativo Galicia 7:45 - 14/07/22
    Prepárense para outro día de calor. Non hai rexistros en Galicia de tantos días seguidos cunhas temperaturas tan altas e aínda queda polo menos un días máis... o sábado semella que a calor comezará a remitir, aínda que de xeito lento.
    Unha situación meteorolóxica que ten consecuencias no abastecemento de augas...cada vez hai máis mananciais secos... e no risco de incendios... continúan tres activos no Ribeiro.
    As temperaturas son moi altas nas horas centrais do día, pero tampouco baixan moito ás noites e as casas cada vez gardan máis calor... así faise complicado o descanso.
    Pois vexamos que temperaturas hai agora, no momento do día no que deberían ser máis baixas.
     
    12 min

About Galicia Informativos

From the publisher's feed

La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.