Galicia Informativos

Galicia Informativos

By Radio NacionalNews
Download on the App Store

Galicia Informativos episodes

  • Crónica de Galicia - 06/07/22
    Os sindicatos reclaman ante as sedes da patronal que se garante o poder adquisitivo dos salarios. Centos de traballadores mobilizaronse na Coruña e en Vigo pra denunciar que as empresas seguen subindo os prezos dos seus produtos pero non os soldos. Avecíñanse folga na recollida de lixo en Vigo e Santiago. Os sindicatos esixen unha suba salarial igual ó IPC. En Vigo, a folga está convocada a partir do día 15; en Santiago, desde o 18. A economía galega aínda está lonxe de recuperar os niveis prepandemia, segundo o informe do Foro Económico. O coordinador, Fernando González Laxe, pensa que sería positivo manter medidas como a tarxeta básica. En Ourense, continúa a busca do mozo que desapareceu na presa de Velle.
    Afundiu cando nadaba cun amigo. Hoxe rebaixouse o nivel do encoro pra favorecer este operativo de busca - O tempo. só hai algunhas nubes no norte de Lugo... as temperaturas máis altas.
    26 min
  • Informativo Galicia 7:45 - 06/07/22
    Os especialistas non se poñen dacordo sobre se estamos na oitava onda da pandemia, pero o certo é que nos últimos días o aumento de casos é moi significativo e iso que só se comunicana os que afectan ós maiores de 60 anos ou persoas vulnerables.
    Aínda que os efectos dos contaxios son máis leves non é menos certo que en dúas semanas se duplicou o número de persoas hospitalizadas e xa estamos en niveis que non se rexistraban desde primeiros de 2021.
    Na pesca, o sector detalla nun documento a súa oposición a que se prohiba a pesca de fondo nun cento de áreas de gran interés para a flota galega. O tempo: Mantense a influencia do anticiclón e seguirá soprando o nordés
     
    15 min
  • Crónica de Galicia - 05/07/22
    A Xunta pon negro sobre branco as medidas que cre que debe toma-lo goberno pra aumenta-la dispoñibilidade de médicos. Xunto a Euskadi, lidera unha fronte común entre as autonomías, á que xa se uniron Cataluña ou Andalucía. Queren un rexistro que verifique cantos sanitarios faltan, e que se melloren os procesos de formación e de selección, coma o MIR, pra evitar que os xa formados queden fóra do sistema. Mentres, o gotexo de queixas por sobrecarga e falta de persoal continúa en Galicia.
    26 min

About Galicia Informativos

From the publisher's feed

La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.