Galicia Informativos

Galicia Informativos

By Radio NacionalNews
Download on the App Store

Galicia Informativos episodes

  • Informativo Galicia 7:45 - 04/07/22
    A rúa Bos Aires da Coruña foi este fin de semana o lugar para lembrar o mozo Samuel Luiz asasinado a golpes hai agora un ano. Flores e carteis reivindicativos de amigos e colectivos en defensa dos dereitos LGTBI. O caso está pendente de xuizo: tres persoas están en prisión e dous menores xa foron condenados.
    E, este luns estamos pendentes da reunión da conselleira de infraestructuras cos alcaldes dos concellos afectados polo cambio no mapa da rede de buses de ámbito etatal. Unha xornada na que recuperamos o polbo galego nos meracados. Desde as cinco da mañá a campaña volve a estar aberta.
    Deportes. O celta volve ó traballo coa sorpresaa pola probable venda de Brais Méndez á Real Sociedade. O tempo.
    Persiste aínda certa inestabilidade atmosférica. Deste xeito, os ceos presentarán intervalos nubrados, con máis nubes pola mañá e posibilidade de chuvias febles no extremo norte.
     
    15 min
  • Crónica de Galicia - 03/07/22
    Hoxe cumprese un ano desde que morrera na Coruña, como consecuencia dunha malleira o mozo Samuel Luiz, nun suceso que apunta a motivacións homófobas. Tralas homenaxes da tarde de onte na Coruña e Madrid, este domingo é o momento de repasar o acontecido na investigación para aclara o crime e de cómo afectou o suceso ao colectivo LGTBi. E unha boa parte deste informativo ímola dedicar a saber cómo está a situación da A 6 ao seu paso por Pedrafita despois da derruba do viaducto do Castro. Imos percorrer o desvío alternativo xa en plena operación saída. Tamén analizaremos as posibles causas da caída de parte do viaducto para o que contaremos cun dos expertos máis recoñecidos. O profesor de Formigón Estructural na Escola de Enxeñeiros da Coruña, Manuel Herrador, avanza que o treito da A 6 non abrirá pronto porque hai que facer estudos moi detallados
    31 min
  • Entrevista Manuel Herrador - 03/07/22
    Levamos case un mes coa A-6 cortada e desvíos pola nacional sexta.
    Catro semanas despois nada se sabe aínda dos prazos para recuperar o paso dos coches pola autovía ou das causas do deterioramento do viaducto.
    Coñezamos a opinión do profesor Manuel Herrador, na Universidade da Coruña. Con el fala Xosé Manuel García
    14 min
  • Crónica de Galicia - 02/07/22
    A sanidade volve a estar no centro da actualidade informativa.
    Esta mañá inaugurouse unha nova UCI no hospital Clínico de Santiago onde o conselleiro de sanidade tivo que respostar pola recente dimisión do xefe de medicina interna deste hospital. Segundo os socialistas é un exemplo de crecente malestar dos traballadores sanitarios. Este sábado quen fora presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, regresa a Galicia como líder do PP. Arestora participa con 4.000 militantes na tradicional Romaría do Pino. E esta tarde hai convocada un concentración na Coruña para lembrar o asesinato de Samuel Luiz do que mañá se cumpre un ano
    31 min
  • Informativo Galicia 19:50 - 01/07/22
    Esta tarde comezan para moitos as vacación de verán. Dende a DXT xa iniciaron unha operaciñón especial de tráfico. En Galicia agardase un récord de movementos nas estradas durante esta primeira fin de semana de xullo. Moi boas tardes e hoxe día 1 de xullo temos que lamentar que Galicia rexistrou 103 falecementos por mor da covid. O dobre que hai un més. As autoridades sanitarias piden prudencia ante una nova suba dos casos activos.
     
    10 min

About Galicia Informativos

From the publisher's feed

La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.