Galicia Informativos

Galicia Informativos

By Radio NacionalNews
Download on the App Store

Galicia Informativos episodes

  • Crónica de Galicia - 30/06/22
    Desde hoxe deixa de funcionar a tarxeta básica da Xunta para atender ós máis vulnerables. Agora a Xunta avoga por novas medidas que teñan unha maior continuidade e insisten na necesidade da creación de emprego. A dirección do hospital de Santiago reuniuse con 6 internistas para reorganizar o servizo. O xefe desta área presentou a súa renuncia ante a falta de resposta do SERGAS á sobrecarga de traballo. O ministerio de Transportes presentará esta tarde os desvíos de tráfico previstos para que os coches da A-6 non teñan que pasar por Pedrafita. En Monforte, a ponte de Piñeira está cortada ó tráfico pesado. Moveuse un dos piares e perdeu o contacto coa plataforma. Mañá ponse en marcha a operación saída de tráfico de xullo. En Galicia prevese unha cifra récord de movementos: un 24 por cento máis mentres que na media do estado non pasará do dous por cento. O tempo. nubes polo norte, pero vai gañando influencia o anticiclón.
    45 min
  • Informativo A Coruña 8:45 - 30/06/22
    Antonio Pose xa non é responsable do servizo de medicina interna do CHUS de Santiago. A sobrecarga laboral e o que considera medidas pouco útiles do Sergas levárono a dimitir. Todo cando seguen as queixas dos sanitarios. As últimas protestas foron as dos traballadores do Hospital do Barbanza pola falta de persoal.  - A case un ano do aniversario do crime de Samuel Luiz na Coruña a xustiza estadounidense autoriza ó acceso ós datos das redes sociais dos imputados.  - Comeza a vista xudicial pra decidir que bens forman parte do Pazo de Meirás, será na audiencia provincial da Coruña desde ás nove e media.  - Reganosa quere ter en funcionamento a súa planta de hidróxeno verde nas Pontes en 2025, que xerará 300 empregos
    16 min
  • Informativo Galicia 7:45 - 30/06/22
    Sanidade asina cos sindicatos o acordo para atender con voluntarios ata 300 cartillas de pacientes que non teñen médico por falta de persoal. Terán que facer catro horas extra cada día. A Xunta intenta adiantarse ós problemas que o propio Alfonso rueda pronosticou para o verán en atención primaria. POrque en medicina interna seguen as queixas... no caso do hospital clínico de Santigo...acabaron coa dimisión do xefe de servizo.
    A tres días de que se cumpra un ano do asasinato de Samuel Luiz coñecemos que Estdos Unidos permite acceder ás mensaxes que intercambiaron os supostos autores do crime.
    E hoxe tamén novo episodio xudicial no caso Meirás. Agora hai que dirimir a quen pertencen os bens que alberg o pazo
    16 min
  • Informativo Galicia 19:50 - 29/06/22
    A xustiza de EE.UU. autoriza o acceso aos datos das redes sociais dos detidos polo crimen de Samuel Luiz, asasinado hai case un ano na Coruña entre insultos homófobos- O Goberno ve viable poder compatibilizar o respeto polo medio mariño coa pesca ante a decisión da comisión europea de vetar a pesca de fondo en 94 áreas protexidas e que teria un gran impacto económico en Galicia- por iso, consideran que a proposta débese consensuar co sector. No sanitario, medra a preocupación dos profesionais pola escasez de sanitarios no verán.
    10 min

About Galicia Informativos

From the publisher's feed

La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.