Galicia Informativos

Galicia Informativos

By Radio NacionalNews
Download on the App Store

Galicia Informativos episodes

  • Informativo Galicia 7:45 - 28/06/22
    Cadrando coa conmemoración da aprobación do primeiro Estatuto de Galicia, o do 36, que non chegou a entrar en vigor pola guerra civil.... socialistas e BNG demandaron a reforma do actual Estatuto, que xa ten 40 anos... o PP sinala que ten que facerse por consenso.
    Ence presenta un proxecto pra fabricar papel con fibras recicladas nas Pontes, pero aclara que non é a alternativa a Celulosas senón complemetario.
    E hoxde farase oficial a desconvocatoria da folga no sector do metal na provincia da Coruña tra-lo preacordo sobre o convenio.
    Temos que lles dar conta de dúas mortes: a do conductor dun coche que faleceu a estrada de Betanzos ó Mesón do Vento. A víctima é un veciño de Abegondo de 83 nos. Aínd que o accidente ocorriu pola tarde, por unha saída de vía, o vehículo non foi localizado ata as dez da noite.
    E outro home morreu ó envorcar o tractor que conducía en Cualedro. O tempo.
    Continuaremos na influencia das altas presións ata a noite cando se prevé a chegada dunha fronte que traerá de novo chuvias
    15 min
  • Informativo Galicia 19:50 - 27/06/22
    Posicións afíns entre as principais forzas opositoras galegas pra reformar o estatuto de autonomía vixente. Na véspera do aniversario da aprobación do estatuto de autonomía do 36, o partido nacionalista e o partido socialista abogan por un cambio que leve a Galicia a obter máis poder politico e económico. Mentres, o partido popular, advirte de que non existe consenso sobre qué aspectos da lexislación hai que cambiar. Ence estuda a apertura dunha fábrica de biomateriais e de papel nas Pontes que preve dar emprego a máis de 1000 persoas.
    10 min
  • Crónica de Galicia - 27/06/22
    o sector do transporte descarta, de momento a convocatoria de novos paros polo incremento de prezos dos combustibles. A plataforma convocante do paro en marzo non obtivo o respaldo suficiente entre os seus asociados. O presidente da Xunta considera insuficientes as medidas anticrise aprobadas polo Goberno central. Alfonso Rueda demándalle máis diálogo cos sectores afectados, e que interveña na fiscalidade dos combustible para impedir que se repita a folga no transporte. A fin de semana déixanos ó bordo dos 600 ingresados, cifras de hai un mes.
    Sumamos dende o venres 121 hospitalizados máis por mor da COVID-19. Este luns baixan os casos activos e os novos positivos. En Santiago, o vindeiro curso os pisos para estudantes encareceranse de media cen aueros. Acentúase a suba dos últimos anos, entroutras cousas pola escaseza de vivendas dispoñibles a causa da proliferación dos pisos turísticos. O tempo. volven a predominar xa os ceos despexados. As temperaturas, aaínda que soben, non alcanzan aínda valores moi altos.
    45 min
  • Informativo A Coruña e Lugo 8:45 - 27/06/22
    As confrarías reclaman medidas anti-crise pro sector pesqueiro. Os pósitos da Coruña e Lugo únense á Federación Nacional ó considerar que o novo plan do goberno non atende as súas necesidades, ante a alza dos combustibles. Advirten de que a situación é insostible e reclaman unha reunión canto antes co ministro Luis Planas. Os traballadores de INOSA, con sede no polígono de Sabón, en Arteixo, secundan hoxe unha nova xornada de folga. Protestan polo despedimento de cinco compañeiros. Este domingo cumpriuse un ano da apertura ás visitas do Pazo de Meirás. O futuro dos bens do inmoble decidirase nunha vista xudicial que empeza o xoves. As familias do colexio de Teixeiro recollen sinaturas en contra da supresión dunha praza de atención ó alumnado con necesidades específicas. Acusan á Inspección de actuar de forma incoherente.
     
    16 min
  • Informativo Galicia 7:45 - 27/06/22
    Como en marzo, o sector do transporte ameaza cun novo paro... e coma daquela faino dividido. A pltaforma do transporte votou en Galicia a favor da folga... pero non houbo o mesmo pronunciamento en tóda-las comunidades. Ademais as asociacións maioritarias mostráronse encontra da protesta.... que tamén baralla o sector pesqueiro.
    Son dous dos sectores que consideran insuficientes as medidas aprobadas este sábado polo Goberno e que tampouco reciben o apoio unánime dos partidos políticos galegos. Deportes. Dous galegos no podio da proba de motocross en Indonesia
    15 min

About Galicia Informativos

From the publisher's feed

La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.