Galicia Informativos

Galicia Informativos

By Radio NacionalNews
Download on the App Store

Galicia Informativos episodes

  • Crónica de Galicia - 26/06/22
    Numerosas reaccións, tamén en Galicia, ante o novo plan anti-crise do Goberno. O PSdeG pídelle á Xunta que adique parte do que recibe polo imposto de hidrocarburos a unha nova liña de axudas que complemente o esforzo estatal.
    PP e BNG recoñecen que algunhas das medidas son positivas, pero insisten en que chegan tarde.
    Confrarías, gasolineiras e transportistas consideran, pola súa banda, que o plan é insuficiente.
    31 min
  • Crónica de Galicia - 25/06/22
    O presidente da Xunta dá a benvida ás novas medidas anticrise do Goberno, pero asegura que chegan tarde. Rueda insiste en poñer sobre a mesa rebaixas fiscais para aliviar a situación económica de familias e empresas. Pola súa banda, o grupo socialista anuncia unha batería de propostas parlamentarias para mellorar as condicións laborais na Atención Primaria. No balance de tráfico, hoxe, dous falecidos, en Carballo e Malpica. E este sábado, oito vóos afectados en Santiago na segunda xornada de folga dos tripulantes de cabina de Ryan Air. Houbo retrasos nas conexións con Forteventura, Alacant e Málaga. Cancelados os de ida e volta a Marsella.
    31 min
  • Informativo Galicia 19:50 - 24/06/22
    O presidente da Xunta, estivo esta mañá no programa de Radio Nacional "De pe a pa" que se realizou desde a praza do Obradoiro. Na entrevista,Alfonso Rueda, lamentou o retraso da chegada do AVE ás principais cidades galegas, algo que según dixo pode repercutir no turismo na comunidade.
    Malestar entre os traballadores de Ryanair no primeiro día de folga. Acusan á compañia de vulnerar os seus dereitos incumplindo os servizos mínimos ordeados polo Ministerio ao querer operar o cen por cen dos voos programados. Os sindicatos anuncian accións legais contra a compañia.
    10 min
  • Crónica de Galicia - 24/06/22
    Non é facil xuntar milleiros de persoas de festa con lume de por medio e pecha-la noite con pouco máis de 200 incidencias e atencións sanitarias. Pero así foi, o San Xoan galego medra en participantes, e decae en problemas, accidentes e incluso en lixo nos lugares de celebraci´n máis masiva. As moitas ganas que había da festa non fixeron perde-lo tino ós milleiros de persoas que desfrutaron da noite, e seguirán facéndoo hoxe do festivo, sen levar consigo nin deixar tras de sí malos recordos.
    45 min
  • Informativo A Coruña e Lugo 8:45 - 24/06/22
    24 de xuño. Xornada festiva do San Xoán. Vimos de vivir a noite máis curta do ano, ou a máis longa, segundo se mire, porque para algúns aínda continúa a esta hora. Iso si, na Coruña, onde a celebración ten un significado moi especial, a partir das nove deben estar libres e limpos tódolos areais. En principio, a noite foi tranquila, mesmo con menos incidencias que na última celebración, en 2019. A folga de Ryan Air tamén chega a Galicia. En España os auxiliares de vóo paran entre hoxe e o domingo. Moitos vóos poderían verse afectados no aeroporto de Santiago. Aprobado o cinco por cento do Plan xeral de Lugo que estaba pendente desde 2011. É o que corresponde á zona rural. As traballadoras da conserveira de Albo, en Celeiro, comezan as protestas polo anunciado peche da fábrica na Mariña. Quérese trasladar toda a producción a Salvaterra. En canto á previsión pro resto da xornada... Hoxe agardamos ceos moi anubrados e precipitacións persistentes que se irán estendendo de oeste a leste durante a tarde.
    As temperaturas descenderán lixeiramente. As máximas non pasarán dos 17 ou 18 graos nas principais cidades
    15 min

About Galicia Informativos

From the publisher's feed

La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.