Galicia Informativos

Galicia Informativos

By Radio NacionalNews
Download on the App Store

Galicia Informativos episodes

  • Crónica de Galicia - 22/06/22
    A plataforma en defensa da sanidae pública deu hoxe un paso máis na súa demanda de solucións pra situación da atención primaria, que cualifican de dramática. Queren máis participación social, e que se resolvan as listas de agarda de ata 15 días nos centros de saúde, a entrada de todo o sistema sanitario. Denuncian que a súa organización segue dependendo da dos hospitais, e que a precariedade dos contratos está a empuxar ós novos médicos fora do sistema. Dende o partido popular insisten en que a solución da sanidade está en mans do goberno central, e non do autonómico.
    45 min
  • Informativo A Coruña 8:45 - 22/06/22
    Os traballadores de Alu Ibérica avalían hoxe a última decisión xudicial sobre o plan de liquidación da administración concursal. Un plan que vén de aprobar a xuíza e que os empregados da fábrica, agora en ERE, non ven, polo menos inicialmente, con bos ollos, porque non implica ningunha obriga con respecto ó ámbito laboral. Os traballadores de INOSA concéntranse esta mañá en Carballo por mor do despedimento de cinco compañeiros. Denuncian que a medida se tomou como represalia por non querer baixar o soldo. Goretti Sanmartín volverá se-la candidata do BNG nas próximas eleccións municipais. Márcase como obxectivo a consecución da alcaldía. A Federación de ANPAS de Santiago cualifica de "caos" a xestión dos campamentos de verán do concello. Entende que moitos nenos quedaron sen praza de xeito innecesario.
    16 min
  • Informativo Galicia 7:45 - 22/06/22
    O goberno explica ós empresarios do transporte que traballa nun plan de mobilidade tra-lo corte da A-6, en solucións que melloren a curto prazo a situación creada co desvío do tráfico por Pedrafita .
    Os transportists piden axilidade nas medidas: sinalan que outrs rutas non son asumibles polas empresas.
    En Sanidade, seguen as críticas dos médicos e da oposición pola situación da atención primaria. E, sorpresa coa detención dun naarco que fixiu a súa morte pra evitar a súa condena polo alixo de drog atopado no no "titán terceiro". O tempo
    Van seguir as nubes e os chuvascos e iso que despois dunha primavera seca e cálida se anuncia un verán con idénticas características.
    De momento hai que agardar. Esta semana vai continuar a inestabilidade, tamén en San Xoan.
     
    15 min
  • Informativo Galicia 19:50 - 21/06/22
    Os trasportistas propoñen ó goberno poder circular en horas nocturnas pola Nacional Sexta ó seu paso por Pedrafitra pra poder levar as mercadorías especiais, que desde O derrubamento na A6 non teñen alternativa de circulación. Tamén do transporte, xornada de folga en Monbús que, segundo as cifras do sindicato, está a ser un éxito de seguemento. Afecta as liñas de A Coruña, Betanzos e Ferrol. Denuncian as malas condicións laborais e o deterioro do servizo en toda Galicia tras as novas concesións. Sanidade recoñece que os incentivos económicos para os médicos de atención primaria que amplíen a cota de pacientes non solucionan o problema pero indican que a solución ó déficit de facultativos non pasa pola Xunta senón polo goberno central. A oposición, en cambio, pide incrementar o orzamento sanitario en Galicia. E aumentan a nove as persoas detidas na área de Vigo na operación contra as narcolanchas.
    10 min
  • Crónica de Galicia - 21/06/22
    O goberno central estudará esta tarde co sector loxístico as alternativas ó tránsito pola Autovía A6 durante o seu corte e desvío pola nacional. O sector pide información sobre os prazos do arranxo, pero insiste en que calquera reaxuste dos tempos complica e encarece os transportes. E iso fai pouco viable a alternativa da A52 e a Ap9. Ademáis, cren que a nacional sexta precisa arranxos pra soporta-lo paso de ata 10 mil vehículos diarios, como agora está a suceder.
    45 min

About Galicia Informativos

From the publisher's feed

La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.