Galicia Informativos

Galicia Informativos

By Radio NacionalNews
Download on the App Store

Galicia Informativos episodes

  • Informativo Galicia 7:45 - 06/06/22
    Os tres superviventes do naufraxio do Villa de Pitanxo declara esta mañá na Audiencia Nacional. O patrón, Juan Padín, farao en calidade de invesigado despois de que o xuiz Ismael Moreno apreciara inicios que permitirían imputar 21 delictos de homicidio por imprudencia grave e contra os dereitos dos traballadores. As familias dos falecidos pedirán que non se lle permita volver a embarcar ata que se aclare o sucedido.
    No ámbito político, o presidente da Xunta reúnese cos líderes da oposición. E esta mañá estará en Galicia dous minitros o de Interior, Fernando Grande-Marlaska, e a de Traballo, Yolanda Díaz. Deportes: O Racing eliminado na fase de promocion de ascenso a Segunda. Queda o Deportivo que se disputará unha praza na división de prata co Albacete o vindeiro sábado. O tempo: Empezamos a semana coa chegada dunha fronte pouco activa.
    15 min
  • Crónica de Galicia - 05/06/22
    Centos de persoas percorreron as rúas do casco histórico de Santiago este mediodía para protestar contra o boom eólico. Convocados pola plataforma "Eólica Así Non", reclamaron unha alternativa enerxética a través dun modelo xusto e sustentable. Finalmente esta mañá zarpou do porto de Vigo o buque oceoanográfico Vizconde de Eza cara augas de Terranova para facer traballos de prospeccións no caladoiro para frustración dos familiares do Villa de Pitanxo porque non vai facer nada por localizar aos desaparecidos. Mañá declaran na Audiencia Nacional os tres superviventes, o patrón en calidade de investigado. O vicepresidente segundo da Xunta, Diego Calvo, agarda que se produzan acordos mañá na reunión de Rueda coa oposición e que se presenten reivindicacións colectivas ante o goberno de Pedro Sanchez.
    31 min
  • Crónica de Galicia - 04/06/22
    A dor dos familiares dos 21 mariñeiros do Villa de Pitanxo falecidos en febreiro en augas de Terranova non atopa acougo. A decisión do goberno de enviar desde Vigo un barco oceonagráfico ao caladoiro que podería levar un robot para baixar ao pecio non fai máis que acentuar o que os familiares consideran coma unha aldraxe. Ademáis deuse a orde de mover de sitio ao oceonográfico para que eles non poideran denunciar a situación ao seu carón. Na política todo xira en torno a reunión que o presidente da Xunta vai manter o luns cos portavoces da oposición. O socialista Valentín González Formoso avanza que que centrará as súas propostas no ámbito sanitario, nos servizos sociais e no modelo económico.
    31 min
  • Informativo Galicia 19:50 - 03/06/22
    Os médicos non rematan de ver clara a proposta da Consellería de Sanidade de empregar médicos doutras especialidades para suplir a falta de persoal nos hospitáis comarcáis. Facultativos do Colectivo de Internistas de Galica pide por carta reunirse eles mesmos cos representantes do SERGAS e non descartan movilizacións a vindeira semana. Indignación tamén entre os familiares dos mariñeiros falecidos no Villa de Pitanxo. Este domingo partirán cara a Terranova un buque da Secretaría Xeral de Pesca para estuda-los recursos pesqueiros da zona. Os familiares piden que se estude se o barco pode levar o sónar e o robot que lles cedeu unha empresa norueguesa para inspecionar o pecio.
     
    10 min

About Galicia Informativos

From the publisher's feed

La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.