Galicia Informativos

Galicia Informativos

By Radio NacionalNews
Download on the App Store

Galicia Informativos episodes

  • Informativo Galicia 7:45 - 02/06/22
    O naufraxio do Villa de Pitanxo volveu a memoria de todos cando soubemos do naufraxio doutro arrastreiro de Marín. Afortunadamente o caladoiro era outro, o Gran Sol, e tamén distintas as condicións metereolóxicas: o barco acabou indo a pique pero os 11 tripulantes conseguiron poñerse a salvo.
    Pasou a súa primeira noite no cárcere o veciño de Carballo acusado de agredir a súa muller. E a plataforma de victimas do Alvia celebra o fallo do tribunal superior de Madrid relacionado coa actuación da comisión que investiga os accidentes ferroviarios
    15 min
  • Informativo Galicia 19:50 - 01/06/22
    Xornada de reivindicacións no eido sanitario. Os médicos de medicina interna de Galicia denuncian sobrecarga de traballo e falta de persoal. En santiago, a asociación de pacientes queixase das largas listas de espera na area de pediatria e en Lugo, as enfermeiras manifestaronse contra a negación sistemática de permisos por parte da xerencia.
    10 min
  • Crónica de Galicia - 01/06/22
    Tras máis de dous anos sobrecargados polos doentes da pandemia, ademáis da súa carga de traballo normal, os xefes dos servizos de medicina interna de toda Galicia din basta. Denuncian nunha carta ó sergas maltrato profesional. Os seus doentes repartidos por distintas áreas dos hospitais, falta de persoal, poucas prazas de MIR... reclaman solucións a unha sobrecarga que ten ó límite estas áreas. O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, admite que os recursos son insuficientes, e que mañá se reunirán con eles, pero di que é un problema que non poden resolver soas as comunidades.
    45 min
  • Informativo Galicia 19:50 - 31/05/22
    Día de mobilizacións contra a violencia de xénero en repulsa ao ocorrido á muller de Carballo, vítima dunha malleira a mans do seu marido na madrugada do luns . Previsiblemente, o acusado pasará a disposición xudicial mañá. A proliferación dos parques eólicos na nosa comunidade xera a repulsa de veciños e concellos afectados, e tamén de organizacións ecoloxistas que denuncian a negativa da xunta para debater esta problemática.
    10 min

About Galicia Informativos

From the publisher's feed

La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.