Galicia Informativos

Galicia Informativos

By Radio NacionalNews
Download on the App Store

Galicia Informativos episodes

  • Crónica de Galicia - 30/05/22
    Unha muller de 43 anos loita pola súa vida no hospital da Coruña tra-lo que todo apunta que foi unha agresión machista. O seu home, que inicialmente se deu á fuga, foi detido na Coruña, e trasladado á comandancia da garda civil de Carballo, que trata de esclarece-los feitos. Hai dous fillos, a salvo coa familia, pendentes da evolución de súa nai, xunto a toda unha vila, Carballo, e toda Galicia, conmocionados pola grave agresión, que lle provocou, entroutros danos, rotura craneal.
    45 min
  • Crónica de Galicia - 29/05/22
    O 6 de xuño o presidente da Xunta vaise reunir cos líderes da oposición. Recibiráos por separado e xa os convocou hoxe a través dunha carta. É o titular máis destacado dun día no que tamén se confirma que César Román, o mozo das Pontes ferido na explosión do hotel da Habana, volve mañá a Galicia. Este domingo é tamén xornada pro banquete de Conxo e pra tradicional romaría do PPdeG en Poio. Na entrevista, hoxe falamos coa xornalista Érika Reija, correspondente de Televisión Española que vén de recoller en Ferrol o Premio José Couso á Liberdade de Prensa
    31 min
  • Crónica de Galicia - 28/05/22
    O presidente da Xunta abordará co presidente do Goberno a posible baixada ó pecio do Villa de Pitanxo. Alfonso Rueda recibiu esta mañá ás familias das vítimas. Falamos hoxe tamén da varíola do mono. E da pandemia, desta volta cunha baixada no número de hospitalizados, aínda que aumentan os pacientes na UCI. Estamos en Ferrol, onde a xornalista de Televisión Española Érika Reija recibe arestora o Premio José Couso de Liberdade de Prensa. Na entrevista, os Premios de Teatro María Casares
    31 min
  • Informativo Galicia 19:50 - 27/05/22
    Galicia rexistra o seu primeiro caso positivo de varíola do Mono. Esta tarde o Instituto de Saúde Carlos III de Madrid confirmaba o diagnóstico para ún dos dous casos que lle remitiran dende o SERGAS esta mañá. E Xornada de movementos na Sanidade Galega. Médicos de urxencias e Atención Primaria denuncian o colapso do sistema. Esta mesma tarde manifestaranse na Baixa Limia par protestar pola falta de facultativos na zona.
    10 min

About Galicia Informativos

From the publisher's feed

La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.