Galicia Informativos

Galicia Informativos

By Radio NacionalNews
Download on the App Store

Galicia Informativos episodes

  • Crónica de Galicia - 22/05/22
    Co 97'2 por cento dos votos, Alfonso Rueda convértese en presidente do PP de Galicia. No congreso de Pontevedra, recibiu 1.130 votos a favor, un voto nulo e 33 en branco. No noso tempo de entrevista analizaremos precisamente a situación política de Galicia coa alcaldesa da Coruña e o futuro do PSDEG nas eleccións municipais do vindeiro ano. En Sanxenxo, o rei emérito xa navega co Bribón tras poder retomarse a regata de vela. Mobilización contra os eólicos en Cerdedo-Cotobade. Os veciños rexeitan a instalación de aeroxeradores a 500 metros das casas.
    31 min
  • Crónica de Galicia - 21/05/22
    As condicions meteorolóxicas manteñen arestora suspendida a regata de vela en Sanxenxo onde o rei emérito pronunciou as súas primeiras palabras desde a súa chegada a España. Un breve 'estou ben', á saída da casa do seu amigo Pedro Campos. Mentres, decenas de persoas sumáronse á concentración contra a monarquía convocada por colectivos nacionalistas en Sanxenxo. En Pontevedra, todo preparado para o congreso do PP, que culminará o proceso de relevo tras a marcha a Madrid de Alberto Núñez Feijóo. Da sanidade, o persoal eventual do Sergas esixe melloras laborais, en concreto, o complemento salarial de carreira profesional. No noso tempo de entrevista, celebramos os 30 anos na música de Heredeiros da Crus conversando cos seus integrantes.
    31 min
  • Informativo Galicia 19:50 - 20/05/22
    Máxima expectación a de hoxe en Sanxenxo, Pontevedra, coa recepción do rei emérito por motivo da regata da copa de España de vela na localidade. participou pero como espectador nunha lancha auxiliar de apoyo ao Bribón, que quedou primeiro nas probas desta xornada. Sanidade confirmou na tarde de hoxe o primeiro caso sospeitoso de variola do mono en Galicia.
    O caso xa foi remitido ao Centro de Coordinación de alertas e emerxencias sanitarias do Goberno central para comprobar se se trata desta enfermidade.
    10 min

About Galicia Informativos

From the publisher's feed

La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.