Galicia Informativos

Galicia Informativos

By Radio NacionalNews
Download on the App Store

Galicia Informativos episodes

  • Crónica de Galicia - 19/05/22
    3 de agosto de 2020. Hai case dous anos o Rei emérito estableceu a súa residencia a Abu Dabi tras pisar por última vez territorio español. Fíxoo en Galicia, onde hoxe regresa para participar na regata de vela que se celebrará desde mañá en Sanxenxo. No concello a expectación é máxima: xa está preparada unha recepción oficial no club náutico. Os hoteis están completos de reservas e todo o sector turístico celebra as repercusións económicas para a economía local. A cara B, as críticas que chegan, por exemplo, desde o BNG, que non entende o recibimento por todo o alto tras os seus problemas xudiciais dos últimos anos.
    45 min
  • Informativo Galicia 7:45 - 19/05/22
    Xa hai confirmación oficial... o rei emérito regresa hoxe a Sanxenxo de onde partiu hai dous anos cando a fiscalía lle abriu unha investigación polos seus negocios no estranxeiro. Don Juan Carlos estará esta fin de semana nesta localidade pontevedresa: unha visita positiva para o PP... A oposición non a vé con bos ollos e critica ó presidente da Xunta por dicir que pon a Galicia no mapa.
    Polo demais hoxe temos que lamentar morte do escritor vigués Domingo Villar ós 51 anos. o tempo. Recuperamos a estabiliade atmosférica e van subir as temperaturas máximas.
     
    15 min
  • Informativo Galicia 19:50 - 18/05/22
    Xornada de celebración entre os traballadores do mar, logo de que o Goberno aprobase a nova Lei de Pesca Sostible que lle permitirá as mariscadoras e percebeiros xubilarse ata seis anos antes da idade establecida. Unha demanda do sector que os equipara finalmente ao resto de empregados do sector. Modificacións que tamén chegan ao sector lácteo. O Consello de Ministros aprobou a modificación do decreto que permitirá aos produtores de leite renegociar contratos para non vender a perdas. E a comunidade artística e política galega volcouse hoxe coa morte do escritor Vigués Domingo Villar, tras sufrir o pasado lúns un infarto cerebral.
    10 min
  • Crónica de Galicia - 18/05/22
    Traballadoras do mar como mariscadoras ou redeiras celebran a nova lei de pesca sostible que lles permitirá xubilarse ata seis anos antes nalgúns casos. As mariscadoras destacan os beneficios que conlevará o texto unha vez se aprobe xa que as duras condicións de traballo van mermando o seu físico. Tamén aplauden a norma as redeiras que, con todo, indican que moitas das que están en activo xa poderán xubilarse en breve e advirten do nulo relevo xeracional que ten o colectivo.
    45 min

About Galicia Informativos

From the publisher's feed

La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.