Galicia Informativos

Galicia Informativos

By Radio NacionalNews
Download on the App Store

Galicia Informativos episodes

  • Informativo Galicia 7:45 - 18/05/22
    Boas noticias para mariscadaoras ou redeiras. A lei de pesca sostible contempla coeficientes reductores que permiten que poidan adiantar a súa xubilación. O Consello de ministros aprobou este martes o proxecto de lei que agora inicia a súa tramitación parlamentaria.
    A reunión semanal do executivo central tamén deixou novidades para o sector lácteo. Agora poderan revisarse os contratos coas industrias se as granxas teñen que soportar incrementos importantes nos custes de producción.
    E non esquecemos o 17 de maio que nos deixou reinvindicacións sobre o galego e a homenaxe en Valdeorras o poeta Florencio Delgado. O tempo. xornada de transición na que as altas presións irán entrando pouco a pouco.
    15 min
  • Informativo Galicia 19:50 - 17/05/22
    Día de celebración en Galicia . Día tamén de reivindicación da lingua . O día das letras galegas deste ano, malia que estivo pasado por auga, reuniu en Santiago a centos de persoas que pediron cambios nas politicas linguisticas do uso do galego. Xunto a eles, políticos da oposición aproveitaron a xornada para exisirlle ao novo presidente da Xunta que se comprometa co galego. Este 17 de maio estivo adicado ao poeta Valdeorrés, Florencio Delgado Gurriarán, simbolo da cultura e exilio galego.
     
    10 min
  • Crónica de Galicia - 17/05/22
    Galicia celebra o día grande da lingua. As Letras Galegas 2022 miran cara unha persoa, Florencio Delgado Gurriarán e, con el, honran á diáspora mexicana. Nos actos da Xunta e da Real Academia, reivindicacións para o activismo cultural e a defensa do idioma. O novo presidente do goberno autonómico destacou que persoas coma Gurriarán foron as que fixeron que o galego non quedase no esquecemento. Alfonso Rueda puxo en valor o papel da emigración como parte fundamental da nosa identidade. Pese ás críticas da oposición, promete traballar a prol dunha lingua que, esixe, debe estar libre de consideracións ideolóxicas.
    45 min

About Galicia Informativos

From the publisher's feed

La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.