GAMESA (Gallega de Meditación S.A.) é unha empresa situada no Polígono das Gándaras, no Porriño, que exporta sesións de meditación a todo mundo en formato podcast. Nesta primeira sesión de meditación industrial, axudámoste a eliminar o estrés da túa vida cunha meditación guiada. Verás que acadarás un estado de relaxación tal que ata che parecerá que en lugar de "Polígono das Gándaras" dicimos "Polígono da Gándara", pero, lembra, todo está na túa mente.