Hablamos de libros

Hablamos de libros

By Radio AteneoArtsBooks
Download on the App Store

Hablamos de libros episodes

  • La hija
    Hoxe centrámonos en La hija, a deslumbrante novela de Sergio del Molino que rescata do esquecemento a Rosario Weiss, artista brillante e figura silenciada tras o mito de Francisco de Goya. Un percorrido entre ficción, memoria e historia que revisita o século XIX español para devolverlle voz a quen foi borrada do relato oficial. Arte, identidade e poder únense nunha obra fascinante sobre a creación, a herdanza e as sombras da historia.
    6 min
  • El buen mal
    El buen mal é un libro de contos da arxentina Samanta Schweblin, premiado na primeira edición do Premio Aena de Narrativa. Conta seis relatos que, segundo a autora, rachan coa idea do normal e do establecido.
    6 min
  • El sueño del jaguar
    Hoxe falamos de El sueño del jaguar, de Miguel Bonnefoy: unha saga familiar épica que percorre tres xeracións e máis dun século de historia de Venezuela, entre revolucións, amor e destino.
    5 min
  • El último caso de Unamuno
    El último caso de Unamuno é unha novela histórica policiaca, ambientada no 1936 na Salamanca conquistada polo exército sublevado, na que Unamuno investiga o asasinato dun catedrático de Dereito.
    5 min
  • Morgana en Esmelle
    Hoxe descubrimos máis obre Morgana en Esmelle, unha obra escrita en 2012 por Begoña Caamaño, a protagonista das Letras Galegas 2026.
    8 min
  • El verano en que mi madre tuvo los ojos verdes
    Hoxe repasamos a traxectoria de Tatiana Tibuleac e o éxito El verano en que mi madre tuvo los ojos verdes, destacando os seus temas centrais —perdón, enfermidade mental, relación entre nai e fillo— e a súa prosa poética, que transforma unha historia dura nun relato íntimo e conmovedor.






    4 min
  • Tango satánico
    Nunha remota rexión rural de Hungría azotada polo vento e a incesante choiva, uns poucos membros dunha fallida cooperativa levan unha vida anodina nunha vila case fantasmal mentres agardan impotentes a que un milagro lles devolva o futuro. Ata que un día reciben a noticia de que, na estrada que conduce á aldea, avistouse o astuto e carismático Irimiás, desaparecido anos atrás e ao que daban por morto.
    5 min
  • Oposición
    Hoxe falamos de Oposición, a novela de Sara Mesa que mergulla na rutina burocrática e no absurdo da vida funcionarial. A través dunha narradora atrapada entre a apatía e a rebeldía, exploramos o tedio, as xerarquías e as pequenas subversións que xorden cando o traballo deixa de ter sentido.
    5 min
  • Memorias. De Moscú al mar Negro
    Hoxe viaxamos da man de Teffi a través das súas Memorias. De Moscú ao mar Negro, un relato cheo de humor negro e lucidez sobre a revolución rusa, a guerra civil e o exilio. Falaremos da súa odisea desde Moscova ata Constantinopla, dos personaxes que coñeceu no camiño e de como a súa mirada irónica e profundamente humana converteu este libro nunha das obras máis queridas da literatura rusa do século XX. Un podcast para quen queira entender que significa perder un mundo e, malia todo, seguir adiante.
    4 min
  • Hasta que empieza e brillar
    O gañador do premio Alfaguara Andrés Neuman volve á novela coa vida de María Moliner no 125 aniversario do seu nacemento a través da obra Hasta que empieza a brillar.
    8 min

About Hablamos de libros

From the publisher's feed

En este programa recorreremos la estantería de libros de Maricarmen Sánchez, acompañándola en sus lecturas y descubriendo sus títulos y autores favoritos.