Informativos

Informativos

By Radio Municipal de TuiNews
Download on the App Store

Informativos episodes

  • Noticias 13.30 h - Xoves, 17 de agosto de 2023
    En Noticias 13.30 h deste xoves, 17 de agosto, recollemos os detalles da Festa Gastronómica que este sábado pechará en Tui a Festa do Miño. Falamos do Aloia Fest, do concerto de verán da Agrupación Musical de Goián, e das citas desta xornada. No deporte recollemos os favoritos á vitoria no Descenso do Miño, e o partido que o Tyde xoga ás 21 h no Álvarez Durán fronte ao Monçao, entre outras.
    27 min
  • Noticias 13.30 h - Venres, 18 de agosto de 2023
    O Festival de Bandas de Música e a Festa do Miño centran os primeiros minutos do informativo deste venres. No mesmo repasamos as citas para esta fin de semana, dando conta dos eventos suspendidos ou aprazados pola hoxe debido á previsión a choiva. Tamén todo o deporte local e comarcal.
    27 min
  • As piraguas tomas o Miño este sábado
    O río Miño encherase de corido este sábado coa celebración do Descenso Popular e o Descenso Internacional que reunirá a máis de 1.100 persoas. Os primeiros en saír a auga serán os 550 inscritos no Popular que no evento máis festivo comezarán ás 16.30 h en Caldelas. Logo ás 18.30 h dende Salvaterra os e as deportistas de 48 clubs participarán na proba competitiva que compre a súa 52ª edición. O evento foi presentado esta mañá e así o contamos en Noticias 13.30 h
    9 min
  • Noticias 13.30 h - Mércores, 16 de agosto de 2023
    A presentación do Descenso do Miño celebrada esta mañá, o Festival de Bandas de Música que pola previsión de choiva se vai celebrar este venres na igrexa de San Domingos, a festividade de San Roque, e outras citas e a información deportiva hoxe en Noticias 13.30 h.
    24 min
  • Noticias 13.30 h - Luns, 14 de agosto de 2023
    A actualidade deste luns, 14 de agosto, recollémola en Noticias 13.30 h.Abrimos en crónica de sucesos dando conta do accidente rexistrado onte no Monte Aloia, repasamos as novas de Tui e a comarca, as citas festivas e o deporte.
    21 min
  • Noticias 13.30 h - Mércores, 9 de agosto de 2023
    En Noticias 13.30 h recollemos a licitación, por parte da Xunta do proxecto da VAC Tui-A Guarda, no treito entre o enlace de Areas e a estrada PO-350. Damos conta da avaría sufrida onte por un tren en Caldelas, e recollemos as citas para estes días, a acmpaña de captación de socios do Tyde e o inicio da pretemporada en distintos clubs.
    26 min
  • Noticias 13.30 h - Martes, 8 de agosto de 2023
    A solicitude dun novo obradoiro de emprego, realizada polo Concello de Tui, para acondicionar a sende Areeiros-Penedo, é unha das novas da xornada, xunto á gran acollida das visitas guiadas que haberá en Tui, o peche de Música no Claustro, e as citas do día destacando ás Festa do Monte na Guarda. Pechamos o informativo cunha lembranza ao escultor Xosé Antúnez Pousa que falaceu no día de onte.
    27 min
  • Noticias 13.30 h - Luns, 7 de agosto de 2023
    Hoxe en Noticias 13.30 h recollemos a solicitude dun obradoiro de emprego realizada polo Concello de Tui para acondicionar a senda dende a praia de Areeiros até Caldelas. Falamos do concerto de Iria Folgado que pecha o programa de Música no Claustro, e do éxito de acollida das visitas guiadas a San Domingos e os muíños do Tripes. No deporte damos conta da victoria de Manu Garrido en C1 e Tania Fernández en K2 no Descenso do Sella, e coñecemos aos irmáns Alex e Christian Sierpes.
    27 min

About Informativos

From the publisher's feed

Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está…