Informativos

Informativos

By Radio Municipal de TuiNews
Download on the App Store

Informativos episodes

  • Música no Claustro doa 17 fotografías históricas ao Concello de Tui e fai balance da edición de 2023
    Samuel Diz e Beatriz Fontán do festival Música no Claustro fixeron entrega esta mañá ao concello de Tui de 17 fotografías históricas tomadas nos anos 20 do século XX en Tui, Valença e A Guarda. Unha delas da campá máis pequena da Catedral ilustrou o cartel deste ano. Agora forman parte do fondo do Arquivo Municipal. Hoxe fixeron tamén balance da edición deste 2023 e do proxecto executado con Fondos Next Generation que permitiu a dixitalización da Misa de San Telmo, os concertos e o Foro Resonancias que formaron parte da programación de 2022. Así o contamos en Noticias 13.30 h.
    8 min
  • Noticias 13.30 h - Mércores, 30 de agosto de 2023
    Un total 22 puntos conforman a orde do día do pleno extraordinario que mañá celebra a corporación municipal de Tui. Esta é unha das novas que hoxe contamos en Noticias 13.30 h xunto ao novo comedor escolar do CEIP de Guillarei, a doazón de 17 fotografías históricas ao concello de Tui por parte de Música no Claustro, ou a presentación do Campionato de España de Radiocontrol. E nas citas hoxe haberá noite de fados na Semana Cultural de Randufe. Pechamos coas palabras de Gustavo Rodríguez novo adestrador do Atletismo Tui.
    29 min
  • Noticias 13.30 h -Martes, 29 de agosto de 2023
    En Noticias 13.30 h deste martes, 29 de agosto, damos conta do pleno que este xoves celebra a corporación municipal de Tui. Amais dous avisos para maña mércores o corte da saída 24 en Guillarei da A55 por labores de limpeza e do abastecemento de auga pola mañá en Cota de Gaio. As citas da xornada e o deporte co podio dos tudenses Enrique Míguez e Pedro Areal no Mundial de Maratón.
    26 min
  • Noticias 13.30 h - Luns, 28 de agosto de 2023
    A solicitude dun Programa Integrado de Emprego dirixido a un centenar de mulleres por parte do Concello de Tui é unha das novas deste luns, xunto á visita que realizou ao centro de saúde o venres o conselleiro de Sanidade. Nas citas do do día destacan as festas da Rocha, e no deporte os resultados da fin de semana e desta mesma mañá en piragüismo, balonmán, fútbol e atletismo.
    29 min
  • Noticias 13.30 h - Venres, 25 de agosto de 2023
    Tras o acordo PSOE-BNG de Tui hoxe escoitamos a valoración do mesmo da voceira nacionalista Carmen Núñez, recollemos a visita a Tui do delegado do goberno repasando investimentos na cidade, falamos do MUMI, das citas para esta fin de semana e do deporte.
    31 min
  • Noticias 13.30 h - Xoves, 24 de agosto de 2023
    O acordo entre PSOE e BNG para apoiar a proposta de dedicacións do equipo de goberno de Tui abre o Noticias 13.30 h deste xoves. Falamos amais da citas da xornada en San Bartolomeu e Caldelas, tamén no Baixo Miño, e recollemos os resultados e eventos deportivos.
    25 min
  • Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Reunión co BNG para acordo apoio retribucións
    Esta tarde PSOE e BNG de Tui manterán unha nova renión para perfilar o acordo sobre 4 cuestións programáticas sobre as que os nacionalistas condicionan o apoien a proposta de retribucións do equipo de goberno. Así o confirmou o alcalde, Enrique Cabaleiro en Noticias 13.30 h. De prosperar o acordo esta tarde as retribución irán a pleno o próximo xoves 31. Por outra parte Enrique Cabaleiro expuña que en setembro irá a pleno o rescisión do contrato para a construción do aparcamento soterrado na traseira do edificio Francisco Sánchez.
    6 min
  • Noticias 13.30 h - Mércores, 23 de agosto de 2023
    Abrimos o Noticias 13.30 h de hoxe abordando co alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, a reunión desta tarde co BNG para perfilar un posible acordo polo que os nacionalistas apoiarían a proposta de retribucións do equipo de goberno. A Semana Cultural en Caldelas, as festas en San Bartolomeu e a Semana Cultural de Randufe son outras das novas xunto ao inicio do Campionato do Mundo de Sprint de Piragüismo.
    29 min
  • Noticias 13.30 h - Martes, 22 de agosto de 2023
    Comezamos o informativo deste martes dando conta das xornadas de calor que temos por diante con temperaturas que superarán os 35º. Amais recollemos o éxitos das visitas guiadas ao patrimonio tudense, a proposta teatral e de humor esta noite n Caldelas, as festas de San Bartolomeu e outras citas. No deporte o Campionato do Mundo do Sprint, balonmán e tiro con arco centran a información.
    28 min

About Informativos

From the publisher's feed

Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está…