Informativos

Informativos

By Radio Municipal de TuiNews
Download on the App Store

Informativos episodes

  • Noticias 13.30 h - Luns, 2 de outubro de 2023
    Hoxe en #Noticias1330h damos conta do inicio dap rogramación de outono no Teatro Municipal de Tui, do investimento de 300 mil euros entre 2022-23 no Parque Natural do Monte Aloia, e de nova en educación e formación e doutras citas da semana. No deporte recollemos as tres medallas de Lino Martínez no Campionato de Europa de Policías e Bombeiros, e os resultados deportivos da fin de semana.
    29 min
  • Noticias 13.30 h - Venres, 29 de setembro de 2023
    Abrimos #Noticias1330h coa presentación da programación de outono no Teatro Municipal que brindará dende o venres 6 de outubro oito espectáculos. Amais na repasamos as citas para esta fin de semana na que continúan as propostas con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente, teremos concertos, festas, .... No deporte mañá celébrase o VII Supercross Cidade de Tui, o policía local de Tui, Lino Martínez, compite no Europeo de Policías e Bombeiros, e repasamos os encontros en fútbol, fútbol sala, baloncesto, e balonmán.
    31 min
  • Noticias 13.30 h - Xoves, 28 de setembro de 2023
    O Concello de Tui conta con de 7 millóns de euros de fondos europeos para investimentos verdes, Así o deu a coñecer con motivo do Día Mundial do Turismo. Esta é unha das novas que recollemos en #Noticias1330h, falamos do programa Cultiva a Mente, das citas do día, da crónica de sucesos e do deporte.
    30 min
  • Noticias 13.30 h - Mércores, 27 de setembro de 2023
    Hoxe, 27 de setembro, é o Día Mundial do Turismo. En Noticias 13.30 h repasamos as actividades organizadas en Tui por este motivo, tamén recollemos a delicada situación que enfrontará SOS Tomiño Baixo Miño a partir de decembro, e a conferencia sobre "Francisco Sánchez, un tudense universal" que ofrecerá hoxe en Tui Laureano Alonso. Estas son so unha parte das novas deste día.
    28 min
  • Noticias 13.30 h - Martes, 26 de setembro de 2023
    O investimento de preto de 2 millóns euros de fondos europeos en Tui para rehabilitar a Praza de Abastos e o Cárcere Vello é unha das novas que recollemos hoxe en #Noticias1330h. Repasamos o programa co que se celebra en Tui o Día Mundial do Turismo, e o dinamismo que rexistra o Camiño Portugués. Nas citas repasamos os concertos previstos esta semana e no deporte falamos do VII Supercross Cidade de Tui e da presentación da 15K do Atlántico que se celebra este domingo.
    30 min
  • Noticias 13.30 h - Luns, 25 de setembro de 2023
    En Noticias 13.30 h recollemos a licitación do proxecto de rehabilitación do cárcere vello, o programa co que se vai celebrar do Día Mundial do Turismo en Tui, o balance do MUMI, o novo horario dos buses entre Tui e Vigo dende este xoves... así coma os resultados deportivos da fin de semana con Sara Tui campioa de Europa de Fútbol Praia coa Selección Española.
    25 min
  • Noticias 13.30 h - Venres, 22 de setembro de 2023
    En Noticias 13.30 h recollemos o resultado da reunión mantida hoxe polo alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, con responsables da empresa LUGOVE, visto e prace medioambientel ao proxecto de autovía Tui-A Guarda dende a PO-350 a Estás. Tamén a celebración do MUMI na Eurocidade, as citas da fin de semana e o deporte.
    33 min
  • Noticias 13.30 h - Xoves, 21 de setembro de 2023
    O próximo remate das obras nas rúas Colón e Lugo, sinatura da Acta de Recoñecemento da Liña de Fronteira no Río Miño, a constitución do novo comité directivo do Consorcio do Louro, e o inicio con pasarrúas e un concerto especial de apertura do MUMI son parte das novas que hoxe recollemos en #Noticias1330h. Tamén falamos do inicio da Semana Cultural de San Miguel en Pazos de Reis e do Concurso Nacional de Saltos que mañá comeza en Tui.
    16 min
  • Noticias 13.30 h - Mércores, 20 de setembro de 2023
    Mañá comeza o Mumi que ofrecerá 14 showcases entre outras actividades na Eurocidade Tui-Valença. Así o recollemos en Noticias 13.30 h onde demos conta tamén dos resultados do proxecto FlexiGrobots de Terras Gauda, da conferencia de Suso Vila sobre Francisco Sánchez hoxe ás 20 h, a apertura da inscrición no Club de Lectura da Biblioteca, ou do monográfico de francés turístico na EOI de Tui, entre outras novas.
    30 min

About Informativos

From the publisher's feed

Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está…