Informativos

Informativos

By Radio Municipal de TuiNews
Download on the App Store

Informativos episodes

  • Noticias 13.30 h - Martes, 31 de outubro de 2023
    Onte en pleno cos votos a favor do equipo de goberno e abstención da oposición aprobouse a adxudicación das obras de reforma da praza de Abastos á empresa tudense Plaintec. Este é un dos asuntos que recollemos en Noticias 13.30 h, xunto á peregrinación a Santiago da Eurocidade Tui-Valença, as citas do Samaín e o deporte.
    25 min
  • Noticias 13.30 h - Luns, 30 de outubro de 2023
    En Noticias 13.30 h damos conta do pleno extraordinario e urxente que celebra ás 20 h a corporación municipal de Tui, e da asemblea de ACITUI prevista para este xoves. Amais recollemos as celebracións do Samaín, e o deportes, entre outras novas de Tui e do Baixo Miño.
    30 min
  • Noticias 13.30 h - Venres, 27 de outubro de 2023
    Abrimos Noticias 13.30 h coa visita da comisaria europea Elisa Ferreira a Tui para coñecer os proxectos de cooperación entre Galicia e Portugal nun encontro que ten lugar no Parador. Damos conta do accidente no que un mozo de 25 anos veciño de Tui perdeu a vida esta noite na A55.
    Todas as citas da fin de semana e o deporte completan este tempo de información.
    29 min
  • Noticias 13.30 h - Xoves, 26 de outubro de 2023
    Comezamos Noticias 13.30 h falando co alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, da visita que mañá realizará a Tui a comisaria europea, Elisa Ferreira. Amais damos conta das incidencias rexistradas polas intensas choivas das últimas horas, do restaurante Beldade de Tui que figura nos recomendados pola Guía Michelín. As citas para esta tarde e o deporte, completan este tempo de información.
    31 min
  • Noticias 13.30 h - Mércores, 25 de novembro de 2023
    Hoxe abrimos Noticias 13.30 h dando conta da campaña de control de resiudos abandonados que ten en marcha o Concello de Tui. Amais recollemos a Festa Solidaria que organiza Protección Civil de Tui para o 16 de decembro, o clásico "Pedro e o Lobo" que chega este venres ao Teatro Municipal de Tui ou a charla sobre os topónimos que haberá mañá en Randufe.
    28 min
  • Noticias 13.30 h - Martes, 24 de decembro de 2023
    As obras que se están a executar en Tui ou están a piques de comezar que detallou o alcalde na nosa sintonía, é un dos asuntos que recollemos en Noticias 13.30 h. Tamén a solicitude por parte dos grupos da oposición dunha reunión sobre a situación do muro da praza da Estrela. Achegámonos á Biblioteca Municipal que hoxe celebra o seu día, tamén falamos de bingos, e de andainas solidarias.
    31 min
  • Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Incidencias, museo catedral, cárcere vello
    O Concello de Tui desmontará o muro das escaleiras que van da praza da Estrela ao Paseo Fluvial tras o desprazamento do mesmo sufrido coma consecuencia das intensas choivas e o risco que supón. Así o explicaba hoxe en #Noticias1330h o alcalde, Enrique Cabaleiro. Abordamos tamén outros temas coma o proxecto do museo "Tude" da Catedral presentado hoxe, e o inicio das obras no cárcere vello.
    9 min
  • Noticias 13.30 h - Venres, 20 de outubro de 2023
    En Noticias 13.30 h coñecemos a última hora da situación do muro das escaleiras da praza da Estrela ao Paseo Fluvial co alcalde, Enrique Cabaleiro. Falamos tamén da incidencia rexistrada na nova ponte internacional Tui-Valença onde numerosos vehículos pincharon as rodas coas placas metálicas caídas da carga dun camión. A presentación do proxecto Museo "Tude" da Catedral, as citas da fin de semana e o deporte, completan este tempo de información.
    33 min
  • Noticias 13.30 h - Xoves, 19 de outubro de 2023
    Comezamos Noticias 13.30 h dando conta das numerosas incidencias que deixaron as intensas precipitacións de onte á tarde en Tui. Recollemos tamén a clausura do obradoiro de emprego que tivo lugar este mediodía, falamos do III Foro da Muller Rural, de froitas tropicais e de citas teatrais.
    28 min

About Informativos

From the publisher's feed

Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está…