Sign up to save your podcastsEmail addressPasswordRegisterOrContinue with GoogleAlready have an account? Log in here.
Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está pre... more
FAQs about Informativos:How many episodes does Informativos have?The podcast currently has 3,622 episodes available.
August 30, 2023Tui sede do Campionato de España de Radiocontrol Térmico de MotonáuticaTui acolle este sábado e domingo a 2ª proba do Campionato de España de Radiocontrol Térmico de Motonáutica na que se decidirá o título nacional. Haberá catro categorías 3,5 cc, 7,5 cc, 15 cc e 35 cc. As probas serán o sábado ás 12 e ás 17 h e o domingo ás 10 h. O Campionato foi presentado esta mañá no mesmo escenario onde se vai celebrar. Así o contamos en Noticias 13.30 h....more6minPlay
August 30, 2023Música no Claustro doa 17 fotografías históricas ao Concello de Tui e fai balance da edición de 2023Samuel Diz e Beatriz Fontán do festival Música no Claustro fixeron entrega esta mañá ao concello de Tui de 17 fotografías históricas tomadas nos anos 20 do século XX en Tui, Valença e A Guarda. Unha delas da campá máis pequena da Catedral ilustrou o cartel deste ano. Agora forman parte do fondo do Arquivo Municipal. Hoxe fixeron tamén balance da edición deste 2023 e do proxecto executado con Fondos Next Generation que permitiu a dixitalización da Misa de San Telmo, os concertos e o Foro Resonancias que formaron parte da programación de 2022. Así o contamos en Noticias 13.30 h....more8minPlay
August 30, 2023Noticias 13.30 h - Mércores, 30 de agosto de 2023Un total 22 puntos conforman a orde do día do pleno extraordinario que mañá celebra a corporación municipal de Tui. Esta é unha das novas que hoxe contamos en Noticias 13.30 h xunto ao novo comedor escolar do CEIP de Guillarei, a doazón de 17 fotografías históricas ao concello de Tui por parte de Música no Claustro, ou a presentación do Campionato de España de Radiocontrol. E nas citas hoxe haberá noite de fados na Semana Cultural de Randufe. Pechamos coas palabras de Gustavo Rodríguez novo adestrador do Atletismo Tui....more29minPlay
August 29, 2023Noticias 13.30 h -Martes, 29 de agosto de 2023En Noticias 13.30 h deste martes, 29 de agosto, damos conta do pleno que este xoves celebra a corporación municipal de Tui. Amais dous avisos para maña mércores o corte da saída 24 en Guillarei da A55 por labores de limpeza e do abastecemento de auga pola mañá en Cota de Gaio. As citas da xornada e o deporte co podio dos tudenses Enrique Míguez e Pedro Areal no Mundial de Maratón....more26minPlay
August 28, 2023Noticias 13.30 h - Luns, 28 de agosto de 2023A solicitude dun Programa Integrado de Emprego dirixido a un centenar de mulleres por parte do Concello de Tui é unha das novas deste luns, xunto á visita que realizou ao centro de saúde o venres o conselleiro de Sanidade. Nas citas do do día destacan as festas da Rocha, e no deporte os resultados da fin de semana e desta mesma mañá en piragüismo, balonmán, fútbol e atletismo....more29minPlay
August 25, 2023Noticias 13.30 h - Venres, 25 de agosto de 2023Tras o acordo PSOE-BNG de Tui hoxe escoitamos a valoración do mesmo da voceira nacionalista Carmen Núñez, recollemos a visita a Tui do delegado do goberno repasando investimentos na cidade, falamos do MUMI, das citas para esta fin de semana e do deporte....more31minPlay
August 24, 2023Noticias 13.30 h - Xoves, 24 de agosto de 2023O acordo entre PSOE e BNG para apoiar a proposta de dedicacións do equipo de goberno de Tui abre o Noticias 13.30 h deste xoves. Falamos amais da citas da xornada en San Bartolomeu e Caldelas, tamén no Baixo Miño, e recollemos os resultados e eventos deportivos....more25minPlay
August 23, 2023Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Reunión co BNG para acordo apoio retribuciónsEsta tarde PSOE e BNG de Tui manterán unha nova renión para perfilar o acordo sobre 4 cuestións programáticas sobre as que os nacionalistas condicionan o apoien a proposta de retribucións do equipo de goberno. Así o confirmou o alcalde, Enrique Cabaleiro en Noticias 13.30 h. De prosperar o acordo esta tarde as retribución irán a pleno o próximo xoves 31. Por outra parte Enrique Cabaleiro expuña que en setembro irá a pleno o rescisión do contrato para a construción do aparcamento soterrado na traseira do edificio Francisco Sánchez....more6minPlay
August 23, 2023Noticias 13.30 h - Mércores, 23 de agosto de 2023Abrimos o Noticias 13.30 h de hoxe abordando co alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, a reunión desta tarde co BNG para perfilar un posible acordo polo que os nacionalistas apoiarían a proposta de retribucións do equipo de goberno. A Semana Cultural en Caldelas, as festas en San Bartolomeu e a Semana Cultural de Randufe son outras das novas xunto ao inicio do Campionato do Mundo de Sprint de Piragüismo....more29minPlay
August 22, 2023Noticias 13.30 h - Martes, 22 de agosto de 2023Comezamos o informativo deste martes dando conta das xornadas de calor que temos por diante con temperaturas que superarán os 35º. Amais recollemos o éxitos das visitas guiadas ao patrimonio tudense, a proposta teatral e de humor esta noite n Caldelas, as festas de San Bartolomeu e outras citas. No deporte o Campionato do Mundo do Sprint, balonmán e tiro con arco centran a información....more28minPlay
FAQs about Informativos:How many episodes does Informativos have?The podcast currently has 3,622 episodes available.