Informativos

Informativos

By Radio Municipal de TuiNews
Download on the App Store

Informativos episodes

  • Noticias 13.30 h | Venres, 15 de decembro de 2023
    Hoxe comezamos Noticias 13.30 h co aviso do corte de auga en Areas debido á rotura dunha tubaxe. Recollemos as obras para construír uns vestiarios no pavillón de Guillarei, e a valoración do pleno de novembro polo voceiro do PP de Tui, Nico Montes.
    Abrimos da fin de semana co Concerto "Nadal de Cristal" e o Mercado de Nadal de Tui, pero repasamos todo o previsto na cidade e na comarca. Tamén a información deportiva.
    27 min
  • Noticias 13.30 h | Xoves, 14 de decembro de 2023
    O concerto de Nadal da Eurocidade e dúas iniciativas solidarias coma a Árbore dos Desexos e o posto de ASANOG e as ANPAS de Tui no Mercado de Nadal abre hoxe o noso tempo de Noticias 13.30 h neste xoves, 14 de decembro. Tamén recollemos as citas do día coma os concertos que esta tarde ofrecerá o alumnado do Conservatorio e da Escola de Música de Tui.
    28 min
  • Noticias 13.30 h | Mércores, 13 de decembro de 2023
    As obras para a construción dunha nova área lúdico recreativa en Chans do Carrasco que está a executar o Concello de Tui, é un dos temas que recollemos hoxe en Noticias 13.30 h, xunto á valoración do pleno de novembro por Carmen Núñez do BNG de Tui. Amais damos conta dos orzamentos de 2024 que Tomiño levará a pleno a próxima semana, a nova quenda no Mercado de Nadal de Tui, outras citas e o deporte.
    26 min
  • Noticias 13.30 h | Luns, 11 de decembro de 2023
    A reunión entre o delegado do goberno en Galicia e o alcalde de Tui para tratar a conmemoración do 800 aniversario da Catedral tudense é a nova que abre Noticias 13.30 h. Falamos de obras no exterior do interfederado, dunha nova ponte sobre o río Cotarel, abrimos con C21 rolda para valorar o pleno de novembro, xunta a otras novas do día, as citas e o deporte.
    27 min
  • Noticias 13.30 h | Xoves, 7 de decembro de 2023
    A campaña de promoción do comercio local co reparto de bolsas reutilizables, é unha das novas que recollemos nesta chuviosa xornada. Amais repasamos toda a programación de Nadal prevista para estes días en Tui e na comarca, así coma a información deportiva.
    25 min
  • Noticias 13.30 h | Martes, 5 de decembro de 2023
    O paro subiu en 52 persoas no Baixo Miño en novembro, rexistrándose 2.737 persoas en situación desemprego. Así o contamos en Noticias 13.30 h xunto á campaña de promoción do comercio e do mercado local do concello de Tui, xunto ás citas para estes días centradas sobre todo nas actividades de Nadal. Rematamos coa crónica deportiva.
    30 min
  • Noticias 13.30 h |Venres, 1 de decembro de 2023
    En Noticias 13.30 h recollemos os asuntos aprobados onte en pleno en Tui coma a modificación puntual do PXOM nos AR1, 2, 3 e 4 en San Bartolomeu e a provisional no asentamento empresarial en Baldráns, entre outros. Amais damos conta do inicio da programación de Nadal en Tui e na comarca. No deporte amais dos partidos da fin de semana recollemos a celebración da Gala Tudense do Deporte esta noite.
    32 min
  • Noticias 13.30 h |Xoves, 30 de novembro de 2023
    En Noticias 13.30 h abrimos o tempo de información cos asuntos que hoxe van a pleno ordinario en Tui. Damos conta do inicio da programación de Nadal mañá venres co acendido do alumeado e a apertura do Mercado de Nadal. Tamén recollemos as citas do día cunha mesa redonda ás 19 h que pecha a programación do 25N, unha conferencia sobre Inteliencia Artificial ás 18 h na aula da UNED, e os obradoiros do Espazo Xove entre outras novas. E no deporte destacamos a celebración mañá da Gala do Deporte Tudense.
    26 min

About Informativos

From the publisher's feed

Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está…