Informativos

Informativos

By Radio Municipal de TuiNews
Download on the App Store

Informativos episodes

  • Noticias 13.30 h | Venres, 5 de xaneiro de 2024
    O cambio no percorrido no final da Cabalgata Internacional de Reis en Tui é a noticia de apertura hoxe en Noticias 13.30 h. Amais recollemos os datos do paro cos que se pechou o 2023, a entrega da recadación da festa solidaria de Protección Civil de Tui e os percorridos de Melchor, Gaspar e Baltasar en toda a nosa contorna.
    26 min
  • Noticias 13.30 h | Xoves, 28 de decembro de 2023
    O Concello de Tui está a elaborar un Plan de Xestión do Centro Comercial Aberto. Esta é unha das novas que recollemos en Noticias 13.30 h xunto as citas musicais destes días coma o concerto de La Timba Mullallo o sábado no Mercado de Nadal e o de de Manuel Madarnás o sábado en Guillarei. Tamén damos conta dos primeiros detalles da Cabalgata de Reis da Eurocidade Tui-Valença, e da iluminación da Catedral en "Acende o Camiño". O balonmán centra a crónica do deporte deste xoves.
    23 min
  • Noticias 13.30 h |Martes, 26 de decembro de 2023
    Vinte persoas están a formarse nas especialidades de madeira e forestar no novo obradoiro de emprego en Tui. Esta é unha das novas que recollemos en Noticias 13.30 h xunto aos cursos que organiza esta semana a Banda de Música Popular de Tui, e as citas do Nadal para estes días co Mercado de Nadal e inchables e personaxes de Disney na Corredoira en Tui
    24 min
  • Noticias 13.30 h | Venres, 22 de decembro de 2023
    A sorte visitou a nosa contorna no Sorteo Extraordinario da Nadal. O Primeiro Premio correspondeu ao 88008. O Porriño, Salceda de Caselas, Tomiño e O Rosal, foron agraciados con algún premio.
    Amais repasamos as citas do Nadal destes días, dende o concerto de Nadal hoxe ás 20.30 h no Teatro Municipal de Tui, o Mercado de Nadal, as citas nas parroquias, e no Baixo Miño e o deporte.
    22 min
  • Noticias 13.30 h | Xoves, 21 de decembro de 2023
    A presentación de HI_MOV, un proxecto europeo que busca articular un ecosistema transfronteirizo que impulse a cadea de valor emerxente ao redor do hidróxeno é unha das novas que recollemos en Noticias 13.30 h. Destacamos amais as citas para hoxe en Tui coma o Mercado de Nadal, o obradoiro de construción de insctrumentos de Nadal, o concerto do alumnado do Conservatorio e da Escola de Música na Corredoira ou o Torneo de Nadal do CB Tui.
    23 min
  • Noticias 13.30 h | Martes, 19 de decembro de 2023
    Abrimos Noticias 13.30 h co resumo da entrevista realizada a Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui, tras o pleno ordinario de novembro. Recollemos as axudas do Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana para a construcción de vivendas de alugueiro social, 3 delas en Tui. Amais falamos da APP do Concello de Tui, do concerto de Nadal do Conservatorio, doutras citas e do deporte.
    30 min
  • Noticias 13.30 h | Luns, 18 de decembro de 2023
    Hoxe comezamos Noticias 13.30 h co balance da actividade deste ano no Servizo Municipal de Orientación do Concello de Tui. Damos conta amais da II San Silvestre Solidaria de Tui presentada esta mañá, repasamos as citas do Nadal, o deporte e otras novas da comarca.
    29 min

About Informativos

From the publisher's feed

Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está…