Sign up to save your podcastsEmail addressPasswordRegisterOrContinue with GoogleAlready have an account? Log in here.
Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está pre... more
FAQs about Informativos:How many episodes does Informativos have?The podcast currently has 3,622 episodes available.
November 02, 2023Noticias 13.30 h | Xoves, 2 de novembro de 2023Debido ao inicio das obras os postos da praza de Abastos de Tui serán trasladados a parte frontal do inicio, polo que a praza permanecerá pechada o próximo luns, martes e mércores. Así o recollemos en Noticias 13.30 h onde damos conta dos prazos para solicitar axudas e bolsas do concello de Tui, as citas para estes días, e os resultados deportivos da xornada competitiva de onte....more30minPlay
October 31, 2023Noticias 13.30 h - Martes, 31 de outubro de 2023Onte en pleno cos votos a favor do equipo de goberno e abstención da oposición aprobouse a adxudicación das obras de reforma da praza de Abastos á empresa tudense Plaintec. Este é un dos asuntos que recollemos en Noticias 13.30 h, xunto á peregrinación a Santiago da Eurocidade Tui-Valença, as citas do Samaín e o deporte....more25minPlay
October 30, 2023Noticias 13.30 h - Luns, 30 de outubro de 2023En Noticias 13.30 h damos conta do pleno extraordinario e urxente que celebra ás 20 h a corporación municipal de Tui, e da asemblea de ACITUI prevista para este xoves. Amais recollemos as celebracións do Samaín, e o deportes, entre outras novas de Tui e do Baixo Miño....more30minPlay
October 27, 2023Noticias 13.30 h - Venres, 27 de outubro de 2023Abrimos Noticias 13.30 h coa visita da comisaria europea Elisa Ferreira a Tui para coñecer os proxectos de cooperación entre Galicia e Portugal nun encontro que ten lugar no Parador. Damos conta do accidente no que un mozo de 25 anos veciño de Tui perdeu a vida esta noite na A55.Todas as citas da fin de semana e o deporte completan este tempo de información....more29minPlay
October 26, 2023Noticias 13.30 h - Xoves, 26 de outubro de 2023Comezamos Noticias 13.30 h falando co alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, da visita que mañá realizará a Tui a comisaria europea, Elisa Ferreira. Amais damos conta das incidencias rexistradas polas intensas choivas das últimas horas, do restaurante Beldade de Tui que figura nos recomendados pola Guía Michelín. As citas para esta tarde e o deporte, completan este tempo de información....more31minPlay
October 26, 2023Ent.Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Visita da comisaria europea Elisa Ferreira a TuiMañá venres visitará Tui a comisaria europea Elisa Ferreira. Por este motivo falamos hoxe co alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, da importancia da presenza desta responsable europea na Eurocidade Tui-Valença, e tamén dos proxectos tranfronteirizos nos que están a traballar....more5minPlay
October 25, 2023Noticias 13.30 h - Mércores, 25 de novembro de 2023Hoxe abrimos Noticias 13.30 h dando conta da campaña de control de resiudos abandonados que ten en marcha o Concello de Tui. Amais recollemos a Festa Solidaria que organiza Protección Civil de Tui para o 16 de decembro, o clásico "Pedro e o Lobo" que chega este venres ao Teatro Municipal de Tui ou a charla sobre os topónimos que haberá mañá en Randufe....more28minPlay
October 24, 2023Noticias 13.30 h - Martes, 24 de decembro de 2023As obras que se están a executar en Tui ou están a piques de comezar que detallou o alcalde na nosa sintonía, é un dos asuntos que recollemos en Noticias 13.30 h. Tamén a solicitude por parte dos grupos da oposición dunha reunión sobre a situación do muro da praza da Estrela. Achegámonos á Biblioteca Municipal que hoxe celebra o seu día, tamén falamos de bingos, e de andainas solidarias....more31minPlay
October 20, 2023Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Incidencias, museo catedral, cárcere velloO Concello de Tui desmontará o muro das escaleiras que van da praza da Estrela ao Paseo Fluvial tras o desprazamento do mesmo sufrido coma consecuencia das intensas choivas e o risco que supón. Así o explicaba hoxe en #Noticias1330h o alcalde, Enrique Cabaleiro. Abordamos tamén outros temas coma o proxecto do museo "Tude" da Catedral presentado hoxe, e o inicio das obras no cárcere vello....more9minPlay
October 20, 2023Noticias 13.30 h - Venres, 20 de outubro de 2023En Noticias 13.30 h coñecemos a última hora da situación do muro das escaleiras da praza da Estrela ao Paseo Fluvial co alcalde, Enrique Cabaleiro. Falamos tamén da incidencia rexistrada na nova ponte internacional Tui-Valença onde numerosos vehículos pincharon as rodas coas placas metálicas caídas da carga dun camión. A presentación do proxecto Museo "Tude" da Catedral, as citas da fin de semana e o deporte, completan este tempo de información....more33minPlay
FAQs about Informativos:How many episodes does Informativos have?The podcast currently has 3,622 episodes available.