Informativos

Informativos

By Radio Municipal de TuiNews
Download on the App Store

Informativos episodes

  • Noticias 13.30 h | Mércores, 24 de xaneiro de 2024
    Abrimos Noticias 13.30 h falando co alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, dende FITUR . O turismo é un dos grandes protagonistas da actualidade desta semana. Amais recollemos outras novas coma a inauguración da exposición "Cartografía da Raia", e coñecemos o proxecto no que traballa o salcedense Alejandro Gómez na Antártida, e as actividades do Espazo Xove, entre outras novas.
    25 min
  • Noticias 13.30 h | Martes, 23 de xaneiro de 2024
    Abrimos Noticias 13.30 h cos datos de turismo do concello de Tui, cun importante crecemento ao longo de 2023 e avanzando na internacional e desestacionalización. A crónica de Sucesos, e as citas do día coma a exposición "A Cartografía da Raia" que se inaugura esta tarde, ou a romaría de San Xulián no Aloia forman parte tamén deste tempo de información.
    24 min
  • Noticias 13.30 h | Luns, 22 de xaneiro de 2024
    A corporación de Tui celebra pleno mañá para o sorteo dos membros das mesas electorais do 18F. Esta é unha das novas que recollemos en Noticias 13.30 h xunto a nova campaña de apoio ao mercado e comercio de Tui, a apertura das escaleiras da praza da Estrela, as citas para hoxe, e a ampla crónica do deporte.
    24 min
  • Noticias 13.30 h | Venres, 19 de xaneiro de 2024
    A Mostra da Camelia e a Regata Miño Internacional son dúas das citas que esta fin de semana hai en Tui. Tamén unha ruta solidaria da Fada do Aloia e o evento “Un día máxico”. Así o contamos en Noticias 13.30 h xunta á reapertura o luns do consultorio de Goián, outras citas da fin de semana e o deporte.
    26 min
  • Noticias 13.30 h | Xoves, 18 de xaneiro de 2024
    En Noticias 13.30 h recollemos a apertura de comportas do encoro de Frieira esta mañá polo que se recomenda retirar os vehículos estacionados no Paseo Fluvial en Tui. Por outra parte a Policía Local de Tui detivo onte a un home de 35 anos coma presunto autor da subtracción de produtos nun supermercado e nun establecemento comercial.
    Damos conta amais a presentación da Regata Miño Internacional que reunirá 27 embarcaciós o sábado en Tui, e coñecemos a segunda edición de Ventura que se está a celebrar entre outras novas.
    25 min
  • Noticias 13.30 h | Martes, 16 de xaneiro de 2024
    Abrimos Noticias 13.30 h dando conta dos tres ramais da VAC coa A55 que mañá está previsto que entren en servizo. Amais recollemos dúas actuacións realizadas onte pola Policía Local de Tui, a celebración na fin de semana da Mostra da Camelia, a apertura os sábados pola tarde con obradoiros e tarde de xogo do Espazo Xove de Tui, e a apertura no verán do novo proxecto hoteleiro en Cabo Silleiro. A Regata Miño Internacional, o recoñecemento ao padeeiro Óscar Graña e a apertura das inscricións para a Marca Ultreian centran a crónica do deporte de hoxe martes.
    23 min
  • Noticias 13.30 h | Luns, 15 de xaneiro de 2024
    Hoxe en Noticias 13.30 h comezamos cun nome propio o do padeeiro tudense Enrique Míguez tras 46 anos en activo deixa a competición de forma profesional. Falamos das axudas para empresas e autónomos, do Plan + Aqua, e das citas do día coma a presentación do libro “Sueña como Arela” hoxe ás 19.30 h en Tui. A información deportiva e o tempo completan este espazo.
    29 min
  • Noticias 13.30 h| Venres, 12 de xaneiro de 2024
    Hoxe en Noticias 13.30 h comezamos co desvío provisional dun tramo do Camiño de Santiago en Tui ao seu paso pola Avenida de Portugal. Coñecemos a situación na Guarda con respecto á chegada de pellets. Falamos tamén da participación da Rondalla de Pexegueiro no concurso de rondallas este domingo no IFEVI. Tamén recollemos as citas do día e os encontros deportivos da fin de semana.
    23 min
  • Noticias 13.30 h | Xoves, 11 de xaneiro de 2024
    A chegada de pellets, en escasa contía, ás praias da Guarda e os consellos para a súa recollida abren hoxe o tempo de información en Noticias 13.30 h . Falamos tamén da Rondalla de Pexegueiro que será a primeira en actuar no IFEVI este domingo e das actividades formativas na Aula da UNED de Tui, en SmartPeme ou na Casa Taller neste inicio de 2024, así coma da proxección de “El regreso de las golondrinas” hoxe no Cineclub Poleiro.
    25 min
  • Noticias 13.30 h |Martes, 9 de xaneiro de 2024
    A Biblioteca Municipal de Tui prestou o ano pasado 14.536 libros, foi un 13% máis que o ano anterior, e este sábado entregará os diplomas aos máis lectores. Esta é a noticia coa que abrimos Noticias 13.30 h. Falamos tamén do balance da Cabalgata de Reis da Eurocidade, da colaboración entre ANABAM e o Concello do Rosal para inspeccionar a costa na busca de 'pellets' de plástico, e das citas deportivas do primeiro trimestre do ano.
    16 min

About Informativos

From the publisher's feed

Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está…