Informativos

Informativos

By Radio Municipal de TuiNews
Download on the App Store

Informativos episodes

  • Noticias 13.30 h - Mércores, 18 de outubro de 2023
    A partir das 18 h hai un novo aviso de alerta amarela por choivas. Co tempo abrimos hoxe o tempo de información en Noticias 13.30 h, onde recollemos tamén o balance do último pleno do voceiro do PP, Nico Montes, a visita do xurado de Vilas en Flor a Tui, os programas Cine nas Aulas e Cultiva a Mente, xunto ás citas do día e o premio á Tapa Máis innovada colleitado pola empresa tudense Vioncas Bake. Tamén o deporte.
    29 min
  • Noticias 13.30 h - Martes, 17 de outubro de 2023
    O tempo hoxe é protagonista da actualidade pola alerta amarela por choiva e vento. Amais recollemos a valoración do último pleno con Carmen Núñez, voceira do BNG de Tui, falamos de Bingos, e de citas para esta xornada. Tamén de atletismo e balonmán no deporte.
    27 min
  • Noticias 13.30 h - Luns, 16 de outubro de 2023
    O presidente da Deputación, Luís López, presentou hoxe a alcaldes e alcaldesas o plan + Provincia dotado con 48,2 millóns de €.Así o recollemos en Noticias 13.30 h onde falamos tamén de formación e emprego, e de citas coma a mesa redonda sobre María Tydeska que hoxe ás 20 h haberá na Biblioteca tudense. Amais recollemos os resultados deportivos da fin de semana.
    28 min
  • Noticias 13.30 h - Martes, 10 de outubro de 2023
    En Noticias 13.30 h lembramos o peche do aparcamento municipal de Tui por obras hoxe. Mañá o Consorcio do Louro reparará unha avaría rexistrada na rede de abastecemento dende a captación do río Miño, polo que solicitan á poboación facer un uso responsable. Tamén en crónica política valoramos con José Palacín o pleno celebrado a pasada semana en Tui. As citas e o deporte completan este tempo de información.
    25 min
  • Noticias 13.30 h - Luns, 9 de outubro de 2023
    Hoxe comezamos Noticias 13.30 h con dous avisos o traslado da parada do autobús na Avenida de Portugal e o peche mañá por labores de mantemento do aparcamento municipal na traseira do edificio Francisco Sánchez. A crónica de sucesos, as citas destes días, e os resultados deportivos están tamén presentes neste tempo de información.
    29 min
  • Noticias 13.30 h - Venres, 6 de outubro de 2023
    A aprobación da Conta Xeral de 2022 foi o punto máis debatido onte no pleno do Concello de Tui. Este é un dos asuntos que recollemos en Noticias 13.30 h. Damos conta dos 13.300 peregrinos e peregrinas que en setembro percorreron o Camiño Portugués dos que o 40% saíron de Tui. Nas citas da fin de semana destacamos o concerto do Conservatorio hoxe na Corredoira, o inicio da programación de outono no Teatro e as festas en Frinxo. Rematamos co deporte coa presenza tudense no Campionato do Mundo de Remo de Mar e cos encontros da fin de semana.
    29 min
  • Noticias 13.30 h - Xoves, 5 de outubro de 2023
    Hoxe en #Noticias1330h recollemos a orde do día do pleno que ás 20 h se celebra no Concello de Tui, e o corte no ramal de acceso a Portugal debido ás obras do enlace ao Parque Empresarial de Areas. Amais falamos da ruta Eurovelo Atlántica, do comezo da programación de outono no Teatro Municipal, e do concerto de inauguración de curso no CMUS de Tui. Tamén o deporte con slalom, remo, e balonmán.
    27 min
  • Noticias 13.30 h - Mércores, 4 de outubro de 2023
    O paro subiu en setembro no Baixo Miño. Esta é unha das novas que contamos en #Noticias1330h. Tamén o pleno extraordinario que mañá celebra a corporación municipal de Tui, o sentido único que terá a rúa Ricamonde e os cortes a partir de mañá na A55 debido ao acceso ao parque empresarial de Areas. As citas e o deporte completan este espazo de formación.
    31 min
  • Noticias 13.30 h - Martes, 3 de outubro de 2023
    A corporación municipal de Tui celebra este xoves pleno extraordinario. Este é un dos asuntos que contamos en #Noticias1330h xunto a apertura do curso de Auxiliar de Almacén que a Fundación Érguete Inclusión imparte en Tui. Amais recollemos a entrevista co deputado autonómico Moisés Rodríguez, as citas do día na Biblioteca e o deporte.
    29 min

About Informativos

From the publisher's feed

Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está…