Informativos

Informativos

By Radio Municipal de TuiNews
Download on the App Store

Informativos episodes

  • Noticias 13.30 h - Mércores, 30 de marzo de 2022
    A actualidade informativa deste mércores, 30 de marzo de 2022, en Noticias 13.30 h. Repasamos a orde do día do pleno que mañá celebra a corporación municipal de Tui, e damos conta da xornada de traballo para a preparación de proxectos do río Miño con cargo ao Marco Financeiro Europeo 21-27 que mañá se celebra en Tui.
    As reunións informativas sobre o Plan Municipal de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais. Damos conta tamén das citas para este días e do deporte.
    25 min
  • Noticias 13.30 h - Martes, 29 de marzo de 2022
    A actualidade deste martes, 29 de marzo de 2022, en Noticias 13.30 h.
    Hoxe damos conta dos asuntos que a corporación municipal tratará este xoves en pleno, e da incorporación de 17 persoas á plantilla do concello de Tui ao abeiro do Plan Concellos. Outros asuntos recollidos son networking Mulleres Conectadas celebrado esta mañá, a lectura do pregón da Semana Santa este domingo, e o remate do prazo para que as bandas e artistas de Galicia e Portugal envíen as súas propostas artísticas para participar no MUMI 2022.
    25 min
  • Noticias 13.30 h - Venres, 25 de marzo de 2022
    A actualidade deste venres, 25 de marzo de 2022, en Noticias 13.30 h.
    Damos conta de que Tui acolle o próximo xoves 31 ‘Xornada de traballo para a preparación de proxectos do río Miño con cargo ao Marco Financeiro Europeo 21-27’. Repasamos o programa da Semana Santa tudense presentado esta mañá, e as amplas citas culturais, de lecer e deportivas da fin de semana.
    29 min
  • Noticias 13.30 h - Xoves, 24 de marzo de 2022
    A actualidade deste xoves, 24 de marzo de 2022, en Noticias 13.30 h. Hoxe falamos do proceso de participación veciñal aberto polo concello de Tui para que a cidadanía poida propor nomes de mulleres para rúas e espazos públicos. Repasamos as citas do día, e o deporte, con especial atención ao Campionato Galego de Patinaxe grupos show que celebra na fin de semana en Tui.
    21 min
  • Noticias 13.30 h - Mércores, 23 de marzo de 2022
    A actualidade deste mércores, 23 de marzo de 2022, en Noticias 13.30 h.
    Tui acolle esta fin de semana o Campionato Galego de Patinaxe que se presentou este mediodía e o Concello de Tui busca nomes de mulleres para as rúas e espazos públicos. Amais recollemos tamén a ampla axenda para este días día e o deporte.
    27 min
  • Noticias 13.30 h - Martes, 22 de marzo de 2022
    A actualidade deste martes, 22 de marzo de 2022, en Noticias 13.30 h. Hoxe damos conta de que proxecto transfronteirizo Migra Miño-Minho opta ao Premio Natura 200 da Comisión Europea. Tamén falamos da Concentración en defensa da Sanidade Pública convocada para este xoves en Vigo,, e doutros temas da actualidade.
    26 min
  • Noticias 13.30 h - Xoves, 17 de marzo de 2022
    A actualidade deste xoves, 17 de mazo de 2022, en Noticias 13.30 h.
    As probas deportivas volven ao calendario tras dous anos de pandemia. Este mediodía presentouse a IX Eurocidade BTT que se celebra este domingo, e o sábado celébrase a Regata Miño Internacional. Tamén damos conta da presenza de Tui na BTL de Lisboa entre outras novas.
    25 min

About Informativos

From the publisher's feed

Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está…