Informativos

Informativos

By Radio Municipal de TuiNews
Download on the App Store

Informativos episodes

  • Noticias 13.30 h - Mércores, 2 de marzo de 2022
    A actualidade deste mércores, 2 de marzo de 2022, en Noticias 13.30 h. A evolución da covid, os datos do desemprego do mes de febreiro, as reunións informativas convocadas polo Concello de Tui en Malvas e Pexegueiro, e o inicio do ciclo Xuntas Aprendemos, son parte das novas que hoxe recollemos.
    29 min
  • Ent.Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Barco do proxecto Miño, destino navegable
    Hoxe comezaron as rúas do proxecto Miño, destino navegable, que inclúen un percorrido fluvial. O barco que se emprega reúne todas as condicións de navegabilidade e seguridade como afirmaba o alcalde, Enrique Cabaleiro, saíndo ao paso da publicación recollida hoxe nun medio de comunicación. Os catro municipios do proxecto esixirán unha rectificación e estudarán accións legais.
    10 min
  • Noticias 13.30 h - Venres, 25 de febreiro de 2022
    A actualidade este venres, 25 de febreiro de 2022.
    Hoxe comezamos o informativo co alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, quen cualificaba de "moi grave e infundada" a publicación hoxe nun medio de comunicación dunha información sobre as condicións de navegabilidade do barco do proxecto Río Miño, destino navegable.
    Repasamos a situación con respecto á covid, os investimentos en Tui e A Guarda do Plan Xacobeo Next Generation, ... o Entroido e o deporte.
    31 min
  • Noticias 13.30 h - Xoves, 24 de febreiro de 2022
    A actualidade deste xoves, 24 de febreiro de 2022, en Noticias 13.30 h.
    Subiron hoxe o número de casos de covid en Tui, damos conta da incorporación da Oficina de Turismo de Tui á rede InfoRíasBaixas, e da apertura da inscrición no MUMI. O Entroido, e o Deporte están tamén presentes neste tempo de información.
    24 min
  • Noticias 13.30 h - Mércores, 23 de febreiro de 2022
    En Noticias 13.30 h neste mércores 23 de febreiro de 2022, damos conta da incidencia da covid nos concellos da zona, recollemos o resumo da entrevista con Carmen Núñez, voceira do BNG, repasamos as actividades coas que se celebra hoxe o Día de Rosalía, e tamén as citas que haberá no Entroido, entre outras novas.
    27 min
  • Noticias 13.30 h - Martes, 22 de febreiro de 2022
    A actualidade deste martes, 22 de febreiro, en Noticias 13.30 h. A evolución da covid na comarca, a reivindicación de que os fondos POCTEP, sexan prinicipalmente para o fondo de fronteira, o resumo da entrevista con José Ángel Fernández, voceiro do PP en Tui, son parte das novas deste día.
    Tamén a presentación do MUMI que chegará á Eurocidade o 29 e 30 de setembro e o 1 de outubro, a sétima conferencia do Foro do Camiño Portugués que se celebra esta tarde, o programa Vacacións en Paz e a convocatoria para elixir o cartel anunciador das Festas de San Telmo son outras das noticias deste martes.
    27 min
  • Noticias 13.30 h - Venres, 18 de febreiro de 2022
    A actualidade deste venres, 18 de febreiro de 2022, en Noticias 13.30 h.
    A melloría na incidencia da covid, os datos de record en xaneiro na Oficina Municipal de Turismo, as citas da fin de semana o deporte son parte das novas que recolle no informativo de hoxe.
    24 min
  • Noticias 13.30 h - Xoves, 17 de febreiro de 2022
    A actualidade deste xoves, 17 de febreiro de 2022, recollémola en Noticias 13.30 h. Damos conta da baixada de casos de covid nos concellos da zona e falamos de turismo pola presentación da certificación en Portugal do Camiño Portugués da Costa, da cifra record de turistas e peregrinos na Oficina Municipal de Turismo de Tui, e tamén de propostas culturais e de lecer para os próximos días.
    24 min
  • Noticias 13.30 h - Mércores, 16 de febreiro de 2022
    En Noticias 13.30 h deste mércores, 16 de febreiro de 2022, recollemos a melloría da incidencia da covid. Falamos de obras coa execución do acceso ao polígono de Areas e na estrada provincial en Rebordáns. A estrea que A Panadaría realiza este venres no Teatro Municipal de Tui, as actividades previstas polo Día de Rosalía, e a próxima cita no Foro do Camiño Portugués, son outras das novas do día.
    25 min

About Informativos

From the publisher's feed

Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está…