A evolución na incidencia da covid, a reunión informativa sobre o programa SICTED prevista o martes 22 en Tui, a conversa con José Manuel Palacín, voceiro de C21, son parte das noticias deste martes, 15 de febreiro. Tamén damos conta da estrea de "As que limpan" de A Panadaría, do concerto solidario que haberá este domingo no Amazonas en Tui, e da obra teatral de Baobab Teatro que o domingo chegará ao Auditorio de Goián.