O proxecto de humanización da Avenida de Portugal que suporá un investimento de máis de 600 mil euros está arestora pendente de licitación. Así llo confirmou esta mañá en Madrid o director xeral de Estradas, Javier Herrero, ao alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro.
Na reunión abordaron tamén a posibilidade de transferir ao Concello a estrada N-551 dende o cruce do Parador até o GADIS.