Circo, malabares, música, teatro… serán algunhas das disciplinas que encherán as rúas e prazas da Eurocidade Tui-Valença esta fin de semana.
Dende o venres até o domingo poderemos gozar de 15 espectáculos con 24 funcións no I Festival Internacional de Artes de rúa da Eurocidade que se presentou onte á tarde. As entradas, gratuítas, están xa dispoñibles en www.tui.gal e visitvalenca.com.