600 deportistas de 48 clubs competirán este sábado no Descenso Internacional do Miño unha proba deportiva que cumpre a súa 50 edición adaptada as circunstancia de pandemia con todas as medidas de seguridade e cun protocolo deportivo no que o ano pasado foron pioneiros.
Recupérase a saída dende terra en Salvaterra, un dos momentos, máis espectaculares de competición, que o ano pasado coma medida de prevención ante a covid se fixera dende auga. E coma novidade incorpora unha nova modalidade o Paddle Stand Up.
Unha proba que se prevé moi rápida xa que os padeeiros terán a marea baixando o que xogará no seu favor, e pola calidade dos deportistas participantes, moitos deles clasificados para o campionato do mundo de Maratón.