Tui ten executado case o 100% dos proxectos previstos este ano ao abeiro do programa Río Miño un destino navegable. Trátase da ampliación do pantalán de pescadores, dunha nova oficina de turismo, de produtos de merchandising e do algueiro dun barco para visitas turísticas. Así o explicaba hoxe o alcalde, Enrique Cabaleiro, tras a reunión de coordinación que mantiveron onte en Salvaterra.