Máis de 260 persoas participarán este domingo na III Carreira de Orientación da Eurocidade organizada por Xesta Natureza, en colaboración coa Eurocidade Tui-Valença e subvencionada polo programa Interreg.
A proba terá lugar a partir das 10 horas españolas en Valença e a partir das 16.00 horas en Tui. Unha proba única de orientación por celebrarse en dous páises. Así nolo contaba Ricardo Figuero, responsable da organización.