Situación preocupante en Tui con respecto a incidencia da COVID ao subir até os 18 casos. Así o sinalaba o alcalde, Enrique Cabaleiro, quen facía un novo chamamento a cumprir coas normas establecidas polas autoridades sanitarias.
Tamén se refería o rexedor tudense as longas retencións onte na A55 coma consecuencia do control fronteirizo cara Portugal.