O doutor do Centro de Saúde de Tui, Santiago Pose, de referencia para Tui e tamén para Tomiño, daba conta esta mañá na nosa sintonía da situación na que se atopa o proceso de vacinación neste centro. Coa promesa da chegada de novas doses de xeito masivo a Galicia, o Centro de Saúde de Tui preparáse para centrarse no proceso de vacinación. Durante estes días festivos seguirase incluso vacinando.