Informativos

Informativos

By Radio Municipal de TuiNews
Download on the App Store

Informativos episodes

  • A Eurocidade Tui-Valença proxecta o primeiro parque fluvial transfronteirizo con ponte peonil
    Á nova e á vella ponte internacional Tui-Valença sumarase terceira ponte, neste caso peonil. Formará parte do parque fluvial transfronteirizo que foi presentado esta mañá. Un proxecto ambicioso e transversal coma explicaban o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e o presidente da Cámara de Valença, Manuel Lopes, na presentación realizada esta mañá. Así o contamos en Noticias 13.30 h
    8 min
  • Labores de mantemento e conservación o Paseo Fluvial de Tui
    Labores de mantemento e conservación son as que está a executar no Paseo Fluvial o concello de Tui.
    A concelleira de Parques e Xardíns, Yolanda Rodríguez, explicaba que dende o Concello apostanpola renovación pero tamén polo mantemento dos parques infantís tanto do centro urbano coma das parroquias. Avanzou amais a colocación dos bancos da Amizade.
    6 min
  • Proceso de vacinación en Galicia - Conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña - Vacinación
    O conselleiro de Sanidade informaba esta mañá do proceso de vacinación en Galicia para os vindeiros meses. Mañá se probará na Cidade da Cultura a vacinación masiva co colectivo de 50-55 anos a través dun novo sistema de citación con chamadas automáticas e a través da web. No resto de áreas sanitarias comezarán o sábado.
    Anunciaba tamén que cando se remate a vacinación dos maiores de 80 (previsiblemente en maio) seguirán cos de menor idade.
    2 min
  • Noticias 13.30 h - Luns, 8 de marzo de 2021
    Tui baixou hoxe nun caso até os 21 casos acumulados nos últimos 14 días por COVID-19. A 7 días hai menos de 9 casos. Toda a actualidade informativa deste luns, 8 de marzo de 2021, Día Internacional da Muller, en Noticias 13.30 h
    27 min
  • Noticias 13.30 h - Venres, 5 de marzo de 2021
    Tui sobe hoxe en tres casos até os 25 casos acumulados nos últimos 14 días por COVID-19. A 7 días, o novo dato que ofrece a consellería dá conta de 10 casos, os mesmos que onte. Toda a actualidade informativa deste venres, 5 de marzo de 2021, en Noticias 13.30 h
    30 min
  • Noticias 13.30 h - Xoves, 4 de marzo de 2021
    Tui sobe hoxe nun caso até os 22 casos acumulados nos últimos 14 días por COVID-19. A 7 días, o novo dato que ofrece a consellería dá conta de 10 casos, dous menos que onte. Toda a actualidade informativa deste xoves, 4 de marzo de 2021, en Noticias 13.30 h
    29 min
  • Noticias 13.30 h - Mércores, 3 de marzo de 2021
    Tui baixa hoxe até os 21 casos acumulados nos últimos 14 días por COVID-19. A 7 días, o novo dato que ofrece dende hoxe a consellería dá conta de 12 casos. Toda a actualidade informativa deste mércores, 3 de marzo de 2021, en Noticias 13.30 h
    30 min
  • Noticias 13.30 h - Martes, 2 de marzo de 2021
    Tui baixa hoxe até os 24 casos acumulados nos últimos 14 días por COVID-19. A 7 días, o novo dato que ofrece dende hoxe a consellería dá conta de 13 casos Toda a actualidade informativa deste martes, 2 de marzo de 2021, en Noticias 13.30 h
    31 min

About Informativos

From the publisher's feed

Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está…