Falamos co Alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, da evolución negativa e preocupante da Covid-19 en Tui. Levamos 20 días con medidas severas que están a xerar repercusión económicas.
Onte participou nunha video conferencia coa xerencia da area sanitaria e cos voceiros dos grupos políticos. Trasladaron a súa preocupación xa que a pesar das medidas non se consigue reducir a incidencia do virus. Unhas medidas que non se van reverter con estes datos.
Preguntou, o alcalde, nesa reunión por outra medidas como os cribados masivos en Tui pero de momento non están na axenda do Sergas.