A actualidade deste venres, 8 de xaneiro de 2021, con especial atención ao brote de COVID-19 na residencia Paz y Bien de Tui que afecta, polo momento, a 59 residentes, 12 traballadoras e 6 relixiosas, en Noticias 13.30 h.
A actualidade deste xoves, 7 de xaneiro de 2021, con especial atención a residencia Paz y Bien de Tui que rexistra un brote de COVID-19 que afecta a máis de 40 persoas, en Noticias 13.30 h
O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, amosaba hoxe a súa preocupación pola incidencia da covid19 no municipio onde volveron a subir o número de casos. Pedía prudencia e cautela nas celebracións deste días.
A actualidade deste mércores, 30 de decembro de 2020, en Noticias 13.30 h, con especial atención á situación epidemiolóxica no municipio que abordamos co xerente da Área Sanitaria de Vigo, Javier Puente, e co alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro.
Este mediodia en Noticias 13.30 h abordamos con Javier Puente, o xerente da Área Sanitaria de Vigo, a situación epidemiolóxica en Tui, e as medidas que están en vigor, entre elas o peche perimetral individual.
En Tui subiu até os 33 o número de casos acumulados nos últimos 14 días por COVID-19. Toda a actualidade informativa deste martes, 29 de decembro de 2020, en Noticias 13.30 h
33 casos activos son os que rexistra hoxe Tui, cunha incidencia acumulada de 179 casos por cada 100 mil habitantes a 14 días. Así llo transmitiron dende Sanidade ao alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, na reunión por videoconferencia mantida este mediodía. Na mesma informaron que o peche perimentral individual obedece ao elevado número de casos que se chegou a rexistrar en Tui.
O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, reunirase ás 12 h por videoconferencia cos responsables de Sanidade a quen preguntará os motivos polos que a cidade continúa co peche perimetral individual. Tras a reunión do comité clínico de onte Tui continúa coas mesmas medidas de peche perimetral indiviudal e nivel medio alto.
8 min
About Informativos
From the publisher's feed
Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está…
presente en Noticias 13.30 h cada día de luns a venres de 13.30 a 14.00 h.