O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, deu conta hoxe en #Noticias1330 h dos últimos datos con respecto á situación epidemiolóxica no municipio con 33 casos activos e unha incidencia acumulada a 14 días de 155/100 mil habitantes. A tendencia é a baixa. O luns reunirase de novo o Comité clínico.
Por outra parte avanzou que trasladará á Mobilidade unha queixa pola falla de información sobre horarios e liñas da nova empresa concesionaria do transporte que comezou hoxe a operar.