A nova delegada territorial da Xunta, Luisa Piñeiro, visitou hoxe o concello de Tui onde foi recibida polo alcalde e membros da corporación. Repasaron as actuación do goberno autonómico na cidade coma o centro de saúde o novo edificio dos xulgados ou a rotonda de Guillarei, e abordaron proxectos pendentes coma novo colexio de Pazos de Reis, a rotonda de Areas ou o acceso ao polígono. O alcalde solicitu amais axilizar a reversión no concello dos edificios que antes ocupaban os xulgados.