Ás 19.30 h celébrase na Aula da Uned, no antigo convento de San Domingos, unha mesa redonda sobre “Turismo e desenvolvemento rural”. Falamos desta actividade, que forma parte do programa organizado polo Concello de Tui co gallo do Día Mundial do Turismo, coa concelleira de Formación e Emprego, Ana Mª Núñez.