Leilía actuará este domingo ás 22.30 h na rúa Compostela, co espectáculo "CantarElas". O grupo celebra a trintena no mundo da música folk tradicional cun repertorio dende o son máis clásico ata o modernismo actual. Así o explicou Felisa Segade, unha das compoñentes.
A entrada de balde débese reservar en enterticket.es, até este domingo ás 12 h.