Música, espectáculos de rúa, cinema, concertos… forman parte da programación “Volvemos á rúa” presentada hoxe no Concello de Tui. Unha programación “segura” na que se controlarán aforos e estableceranse medidas de seguridade. Cinco serán os escenarios onde se desenvolva: a praza de San Fernando, o Paseo da Corredoira, o Paseo Fluvial, o aparcamento municipal e a rúa Compostela. Entre as novidades está o autocine.